viernes, 7 de noviembre de 2025

Confirmación do persoal que so executa no SCT e do que só tramita no SCEx

Están a xurdir dúbidas en respecto á posibilidade de que o persoal que só tramita sexa confirmado no Servizo común de execución e que o persoal que só executa sexa confirmado no Servizo común de tramitación.

O día 4 de novembro de 2025 dende STAJ remitimos correo electrónico a esa dirección xeral coa seguinte consulta:
Bo día,
Un funcionario que só executa, por exemplo nun xulgado do penal. Segundo as proporcións, non tería oco no SCEx penal. Iría confirmado no SCT penal se hai oco? ou tería que ir sí ou sí a reordenación?
Gracias.
Saúdos,

A resposta da DXX o 4 de novembro foi:
Bo día,
O persoal que só executa e non poida ser confirmado no SCEX penal, irá a reordenación.
Un saúdo,

Sen embargo, no documento de preguntas e respostas remitido pola DXX ás organizacións sindicais despois da mesa de traballo do día 28 de outubro de 2025, preguntábase o mesmo e a resposta foi a contaria:

Que pasará cos traballadores que só TRAMITAN ou só EXECUTAN e non son confirmados por falta de prazas no SCT ou no SCE respectivamente?. Teñen a opción de elixir a outra ou van a reordenación directamente?

Resposta da DXX:

Se despois de confirmar quedaran prazas nun ou noutro servizo confirmaríanse, se non, irían a reordenación.

Ante este cambio total de criterio, pedimos á DXX aclaración ao respecto o día 5 de novembro, e nos contestaron o seguinte ese mesmo día:

O persoal que só tramita únicamente se pode confirmar no SCT e o que só executa no SCEX, en caso de non ser confirmados irán a reordenación. No documento remitido despois da reunión do grupo de traballo se recollía por erro a situación do persoal que tramite e executa como resposta a dita pregunta.

É incomprensible que a estas alturas do proceso de acoplamento esteamos aínda con dúbidas e cambios de criterio da DXX, polo que pedimos á DXX que dunha vez aclare o seu criterio e informe a todas as organizacións sindicais, de xeito que o persoal poida tomar as súas decisións con toda a información dispoñible.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras