miércoles, 16 de marzo de 2022

Resumo da reunión da Mesa Sectorial de Xustiza en Galicia celebrada onte.

Onte tivo lugar a reunión da Mesa Sectorial, deixamos o que deu de sí cada un dos temas da orde do día que se debatiron.

PROPOSTA DE PRAZAS A CREAR NO ANO  2022: Dende STAJ mostrámonos conformes coa prazas de reforzo que se propón consolidar, así como as novas prazas que se crean en órganos infradotados, nos decanatos, nos Imelgas, nas fiscalías e coa creación  como oficina distinta e con persoal distinto do destinado nos decanatos dos Servizos Comúns de Rexistro e Reparto de A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense e Vigo, tal como se lle solicitou dende STAJ á Sala de Goberno e á Secretaria de Goberno  do TSXG e á propia DXX , e que foi aprobada na Comisión Mixta tra-la a iniciativa de STAJ en solitario sen apoio de outros sindicatos, por moito que agora lle pese a algúns, e que permitirá liberar ao persoal dos Servizos de Apoio, que agora estan facendo estas funcións, para que se adiquen a axudar aos xulgados que necesitan  de persoal extra en ocasións puntuais e específicas.

Deixamos información publicada neste blog ao respecto da iniciativa de STAJ da creación dos Servizos de Rexistro e Reparto das cidades expresadas:

STAJ solicta a creación das oficnas de Rexistro e Reparto á DXX

STAJ solicita a creación dos Servizos de Rexistro e Reparto á Comisión Mixta

Importante avance na iniciativa de STAJ:A Comisión Mixta debate a creación dos Servizos de Rexistro e Reparto

Información do Director Xeral,en Mesa Sectorial,da ceración dos Servizos de Rexistro e Reparto

Esta consolidadción e a creación de novas prazas necesita recabar  visto o bo do CXPX e do Ministerio de Xustiza, e este trámite está sen iniciar, pero cren que estarán listas para o concurso deste ano.

Expuxemos a necesidade de que outros xulgados conten tamén con ampliación de plantillas o antes posible, tales como, os Xulgados de Instrucción, especialmente os de Violencia de Xénero, os de Familia, os Penais e aqueles que levan anos utilizando persoal do Servizo de Apoio de xeito permanente.

 PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DE REGULACIÓN DAS COMISIÓNS DE SERVIZO:

Dende STAJ mostramos a nosa queixa polo feito de que se deberían abordar ao mesmo tempo a comisóns de servizo e a reforma das substitución, xa que hai cousas que poden  ser contradictorias tal como quedan nas dúas normativas. Esperamos que a substitucións se aborden en breve, aínda así estamos satisfeitos co borrador que a DXX nos mandou, recolle as nosas propostas para esta regulación, tales como que se entendan como vacantes a estos efectos, as excedencias, as prazas no que o titular estea en servizos especiais, as desertas e as liberacións sindicais, e que se poidan adxudicar, a partires de agora, sen a necesidade de levar 6 meses no posto de orixe. Esta regulación, según o Director Xeral, non debe tardar en publicarse e entrar en vigor.

TRAXECTORIA PROFESIONAL: Neste punto pedimos información sobre cousas que non están claras sobre a traxectoria Profesional: méritos que colleron para o primeiro grao- si valen os cursos de galego por separado ou se contan todos coma un-  porque non accede xa o personal interino e cando o van a facer e en que condicións- e como se vai a desenrolar o acceso a xente que non solicitou  na anterior convocatoria, ben por que non estaba en Galicia, ben por que non tiña meritos ou antigüidade ou ben porque non o fixo por outro motivo-  que pasa cos que estaban nun corpo e neste tempo ou neste concurso reingresaron noutro – e cos que están en comisión de servizos noutro posto da Administración, entre outras cousas. O único que dixeron é que os interinos, a pesares das sentenzas, non van entrar de momento na traxectoria, que o farán mais adiante cando de aprobe para o persoal interino da Xunta de Galicia, seguimos sen entendelo, cando o TSXG dispuxo que deben netrar nas mesmas condicións que os titulares, do resto das dúbidas plantexadas por STAJ non foron quen de aclararnos nada, salvo que nos convocarán a unha Mesa de negociación, a tódolos sindicatos non solo aos firmantes, e que traerán a esa Mesa un texto elaborado con Función Pública de Galicia para o seu debate e posible acordo.

O que sí nos quedou claro e que neste mes non vai a convocarse a solicitude do 2º grao para tramitadores e auxilios, non da tempo.

STAJ pediu, unha vez máis, a actualización urxente do expediente electrónico para que figuren tódolos datos actualizados, de cara a solicitude do segundo grao da traxectoria profesional.

ACTUALIZACIÓN DO COMPLEMENTO AUTONÓMICO (CAT) PARA OS XESTORES E MÉDICOS FORENSES: STAJ queixouse de que esa actualización se tiña que ter realizada anos antes, según dispón o propio Acordo, que chega tarde, ademáis consideramos que as cantidades deberían ser maiores para acercándonos moito mais á quinta  posición e alonxándonos da sétima.

Como sabedes o que se pretende con esto é que Galicia se manteña nunha posición por riba da posición media dos ámbitos territoriais que contan con competencias en Xustiza, como son 13 ámbitos debemos estar, según o Acordo, polo menos na sexta posición, pero quedamos no caso dos xestores coa subida que pretenden de 22,90 euros en un CAT de 642 euros, solo 10 euros por riba de Cataluña con 632 euros que pasaría a ter a sétima posición, e a 64 euros de Andalucia que con 708 euros ocupa a 5 posición. No caso de médicos forenses tamén se verían afectados por unha subida de 60,03 euros. Por eso STAJ solicitou unha suba maior para acercarse mais aos quintos e alonxarse mais dos sétimos, tamén nos queixamos de que está actualización chega tarde e que según o seu propio Acordo debeuse realizar anos antes e non se fixo.

PROTOCOLO DE ACOSO LABORAL: Con respecto a este tema, que como sabedes é unha esixencia de STAJ en solitario dende fai mais de 6 anos, e na que temos empeñado moito  tempo e esforzo para  conseguir este instrumento  tan necesario, o Director Xeral manifestou que levará, en breve, ao Comité de Seguridade e Saúde Laboral un borrador para ser negociado e aprobado, lográndose así o gran obxetivo por o que loitou este sindicato para que o colectivo da Administración de Xustiza en Galicia deixe de ser o único que non ten esta clase de protocolo.

VARIOS: Na quenda final de intervencións STAJ preuntou polas oposicións de xustiza e polas prazas que puidera convocar Galicia, O Director Xeral dixo que para promoción interna nun primeiro reparto só lle correspoderían 4 prazas, que espera lle dean máis, se non Galicia non vai a designar Tribunais e acrecerían a outros territorios, con respecto ao turno libre dixo estar máis seguro de contar con máis prazas a convocar e realización de exames en Galicia.

Preguntamos pola posible implantación do Tribunais de Instancia e o seu calendario, dixo o Director Xeral que teñen reunións periódicas co Ministerio e que a cousa avanza pero máis lenta do previsto, que o calendario non se vai cumprir e que se instauran os Tribunais de Instancia antes debe poñerse en práctica a Nova Oficina Xudicial.

Das gardas de 24 horas en A Coruña e Vigo dixo que a Xunta segue na súa posición e que pediu  informes ao Ministerio e ao Consello para determinar se son necesarias ou non en base á carga de traballo, xa que a Lei non obriga a realizar ese tipo de gardas nas localidades de menos de 10 xulgados de instrucción.

Tamén dixo que en Galicia non lle constan prazas afectadas pola Lei 20/21 de estabilización do emprego público, por non existir prazas que cumpran so requisitos de estar 5 ou 3 anos cubertas por interinos que non tendo titular non houbesen salido durente ese tempo a concurso, non fosen ofrecidas a funcionarios de novo ingreso durante ese periodo, e tampouco hai reforzos de máis de tres anos.

Con respecto ás bolsas de persoal interino, as persoas que participaron son 5.700 , pero as instancias ascenden a 28.800, ao poder participar cada persoa en varios corpos e varias provincias.