martes, 8 de febrero de 2022

Convocatoria Bolsa Interinos Xustiza Galicia

No Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publícase a resolución do 28 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galiciaregulada pola Orde de data 4 de outubro do 2018 modificada pola Orde do 30 de novembro do 2021pola que se convoca a constitución das bolsas de traballo de funcionarios interinos dos Corpos ao servicio de la Administración de Xustiza de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial. (Ver nova orde coas modificacións)

Prazo e forma de presentación de solicitudes:

1.- O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación da resolución no DOG, e será única e exclusivamente de forma telematica.

2.- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es, accesible tamén a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

3.- Para acceder ao formulario normalizado e presentar a solicitude, deberase dispor dun usuario rexistrado na OPAX e dun certificado electrónico cualificado (DNI electrónico, tarxeta de identificación de persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia ou outro considerado válido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia).

-Para o suposto de non contar con usuario, farase uso da opción habilitada na OPAX para o rexistro de novos usuarios. No dito sitio web disporase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, as persoas interesadas poderanse dirixir á Dirección Xeral de Xustiza, a través do correo electrónico servicio.persoal.xustiza@xunta.gal

4.- Unha vez que se acceda á OPAX, a persoa solicitante deberá seleccionar a opción correspondente á solicitude de inclusión nas bolsas de persoal interino e cubrir todos os campos requiridos, indicando as bolsas a que se presenta, provincia/s, corpo/s e zona/s de preferencia. 

5.- Os datos que, de ser o caso, consten no sistema informático de xestión de persoal da Administración de xustiza en Galicia aparecerán precargados.

6.- A persoa solicitante, despois de comprobar que todos os datos son correctos, deberá asinar e presentar a solicitude e xuntar, de ser o caso, a documentación acreditativa dos requisitos e méritos alegados. Para poder asinar e presentar a solicitude, deberase dispor dun certificado electrónico cualificado (DNI electrónico, tarxeta de identificación de persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia ou outro considerado válido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia).

O sistema asignará un código que acreditará a presentación electrónica, e será posible obter do sistema un xustificante desta.

7.- Non se admitirán as solicitudes que sexan presentadas por outro medio distinto ao sinalado neste artigo. Tampouco se admitirán as solicitudes en estado de borrador.

8.- Unha vez presentada a solicitude, se a persoa solicitante non está conforme cos datos presentados pode, se o desexa, presentar unha nova solicitude dentro do prazo de presentación sinalado no número 1 deste artigo; neste caso, só será válida a última das solicitudes presentadas de conformidade con este artigo e quedará anulada calquera outra solicitude presentada anteriormente. 

9.- Todas as persoas aspirantes a formar parte das bolsas de interinos deberán presentar a correspondente solicitude con indicación dos corpos a que queiran optar, con independencia de que formen parte de bolsas anteriores ou de que estean prestando servizos nos órganos da Administración de xustiza de Galicia. En caso contrario, non serán incluídas de oficio pola Administración nas novas bolsas.

Deixámosvos os puntos máis destacados desta nova convocatoria:

MÉRITOS:

1º. Probas de acceso:

Superación de exercicios das últimas oposicións realizadas para o corpo a que se opta, concepto polo cal se poderá obter unha puntuación máxima de 24 puntos:

– Para o corpo de xestión: 5 puntos por cada exercicio superado da última oposición. Puntuación máxima: 15 puntos.

– Para o corpo de tramitación procesual e administrativa: 5 puntos por cada exercicio superado da última oposición. Puntuación máxima: 15 puntos.

– Para o corpo de auxilio xudicial: 8 puntos por cada exercicio superado da última oposición. Puntuación máxima: 16 puntos.

– Para todos os corpos: 3 puntos por cada exercicio superado na penúltima oposición. Puntuación máxima: 9 puntos.

Superación de exercicios doutras oposicións de Xustiza, concepto polo cal se poderá obter unha puntuación máxima de 5 puntos:

– Por calquera exercicio superado nas tres últimas oposicións dos distintos corpos da Administración de xustiza, excepto se xa se valorou conforme o disposto na anterior letra a): 1 punto.  Puntuación máxima desta epígrafe 1ª: 29 puntos.

2º. Tempo de servizos prestados: 0,25 puntos por cada mes completo de servizo como funcionario interino da Administración de xustiza naquel corpo funcionarial onde solicite ser incluído. 0,15 puntos por cada mes completo de servizos como funcionario interino da Administración de xustiza nun corpo funcionarial superior a aquel onde solicite ser incluído. 0,10 puntos por cada mes completo de servizos como funcionario interino da Administración de xustiza nun corpo funcionarial inferior a aquel onde solicite ser incluído. Puntuación máxima desta epígrafe 2ª: 40 puntos.

3º. Coñecemento da lingua galega:

– Certificado Celga 4 ou equivalente: 6 puntos.

– Curso de linguaxe xurídica de nivel medio: 12 puntos.

– Curso de linguaxe xurídica de nivel superior: 18 puntos.

Puntuación máxima desta epígrafe 3ª: 18 puntos. Só se valorará o curso de maior nivel dos presentados. Tampouco se lles valorarán os cursos de iniciación e perfeccionamento aos solicitantes que acrediten o curso básico de linguaxe xurídica.

4º. Formación complementaria:

 – Cursos de formación, con contido principal de carácter xurídico: 0,010 puntos por hora lectiva, ata un máximo de 2,5 puntos.

 – Cursos de formación en informática: 0,010 por hora lectiva, ata un máximo de 1,5 puntos. Puntuación máxima desta epígrafe 4ª: 4 puntos.

5º. Titulación académica:

a) Pola licenciatura en Dereito ou polo grao en Dereito cun máster con contido de carácter xurídico en Dereito: 6 puntos.

b) Polo grao en Dereito: 5 puntos.

c) Pola licenciatura en Ciencias do Traballo, Ciencias Políticas e da Administración, Criminoloxía ou polo grao en Ciencias do Traballo, Ciencias Xurídicas e das Administracións Públicas, Ciencias Políticas e da Administración, Relacións Laborais e Recursos Humanos ou en Criminoloxía cun máster relacionado cos contidos do correspondente grao: 4 puntos.

d) Polo grao en Ciencias do Traballo, Ciencias Xurídicas e das Administracións Públicas, Ciencias Políticas e da Administración, Relacións Laborais e Recursos Humanos ou en Criminoloxía: 3 puntos.

e) Pola superación dos tres primeiros cursos da licenciatura en Dereito ou pola obtención de 180 créditos de grao en Dereito: 2 puntos.

f) Por outras licenciaturas ou graos cun máster relacionado cos contidos do correspondente grao: 1 punto.

g) Por outras diplomaturas, graos, título universitario oficial de Mestre, Arquitectura Técnica ou Enxeñaría Técnica: 0,5 puntos.

Puntuación máxima desta epígrafe 5ª: 6 puntos.

CRITERIOS DE VALORACIÓN DOS CURSOS:

a) Non se valorarán os cursos cunha antigüidade superior aos 5 anos.

b) Os cursos de igual ou similar contido só se computarán unha vez e non se valorarán outros cursos da mesma área de coñecemento coa mesma ou similar denominación ou o mesmo ou similar contido, aínda que se trate de convocatorias diferentes.

c) Non se valorarán os cursos respecto dos cales non conste o número de horas, os de duración igual ou inferior a 10 horas lectivas, nin os derivados de procesos selectivos, diplomas de participación en xornadas, simposios, seminarios e similares.

d) Só se computarán os cursos recibidos e acreditados ata a data da publicación da correspondente convocatoria, homologados ou impartidos polo Ministerio de Xustiza ou consellerías competentes en materia de xustiza, polo ministerio e consellerías competentes en materia de educación, polo Sistema universitario español, polo Instituto Nacional da Administración Pública ou polos órganos competentes en formación das comunidades autónomas, por outros axentes promotores dentro do marco do Acordo de formación para o emprego ou polos servizos públicos de emprego.

En relación a constitución das Bolsas de traballo e reserva esta  é a composición definitiva das mesmas:

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras