viernes, 28 de enero de 2022

Ultima hora: proposta de modificación Orde de substitucións de Galicia

A Dirección Xeral de Xustiza acaba de remitirnos a seguinte proposta de modificación da Orde de substitucións de Galicia nos seguintes termos, en concreto modíficase o último párrafo do artigo catro.  

Esta proposta cínguese a eliminar o requisito de permanecer 6 meses no posto de traballo de orixe unha vez se cese na substitución. Deste xeito, só se penalizaría a aquelas persoas que por vontade propia renuncien ao posto, e non, aos que cesen por motivos alleos á súa vontade. 

A literalidade do artigo a modificar sería:

 
“Cuarto.-Requisitos dos aspirantes.

 Poderán solicitar as substitucións, con exención de funcións nos seus postos, os funcionarios de carreira dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza con destino en órganos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que estean en situación de activo, prestando efectivamente servizos en xulgados, tribunais, fiscalías ou outros órganos da Administración de xustiza, e leven un mínimo de seis meses continuados no posto de traballo desde o cal participan na convocatoria, ben sexa con carácter definitivo, ben provisional.
 

No caso das substitucións verticais, para ser nomeado substituto no corpo inmediatamente superior será preciso estar en situación de servizo activo nun posto de traballo dalgún dos centros de destino a que se refire o anterior parágrafo e estar en posesión da titulación académica exixida para acceder ao posto superior que é obxecto de substitución.
 

No caso de persoas que cesen nunha substitución por incorporación do/da titular ou remate da causa que a motivou, non será esixible que leven un mínimo de seis meses continuados no posto de traballo desde o cal participan na convocatoria.”


Esta petición da eliminación dos SEIS MESES nos casos alleos á vontade da persoa substituta, foi reiterada por STAJ en numerosas ocasións e, por suposto, estamos totalmente dacordo coa súa reforma e coa súa entrada en vigor de forma inminente.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras