sábado, 29 de enero de 2022

MUGEJU: publicado no BOE o concerto con zonas rurais de Galicia

Hoxe publícase no BOE a modificación do concerto sanitario de MUGEJU que afecta  zonas rurais de Galicia de menos de 20.000 habitantes desglosados en función dos servizos sanitarios a dispensar. Tamén se detalla o coste mensual para o 2021 calculado polo número de mutualistas e beneficiarios residentes en cada tipo de municipio  desglosado por entidades concertadas co número de persoas que están afectadas en función da compañía. 


Preme aquí para acceder aos municipios con atención primaria de urxencias (Anexo II). Inclúese para o ano 2022 neste apartado o concello de Foz (antes estaba no Anexo I) e elíminase o concello de O Porriño por pasar a ter máis de 20.000 habitantes.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras