O pasado día 30 de decembro, na reunión da mesa Sectorial mantida co Director Xeral de Xustiza, este nos manifestou que só se podería aumentar o prazo de disfrute en casos concretos e xustificados, tales como os aillamentos por COVID, sempre que impidan o disfrute no prazo ordinario, pero tamén nos informou de que estaba previsto que o próximo venres día 14 de xaneiro se trate no seo da Conferencia Sectorial de Xustiza, que integran as CCAA con competencias en Xustiza máis o propio Ministerio de Xustiza, a posibilidade de ampliar o prazo de disfrute de vacacións e días de asuntos particulares xerados no ano 2021.
Quedamos a espera do que salga desa reunión par saber si se amplia ou non o prazo, se no caso de ampliarse acolleria a posibilidadee de disfrutar, máis alo do 31 de xanerio, días vacacións e máis días asuntos particulares ou solo días dunha das dúas clases, si se pon ou non limite ao numero de días que se poden disfrutar durante a posible ampliación, e ata cando se ampliaría, no seu caso, ese prazo.
Entendemos tamén que si se acordase ampliar o prazo, se permitiría renunciar, sen ningún problema e sen outra xustificación, aos días pedidos e non disfrutados, xa que hai moitos que os tiveron que pedir polo numero de días que lles quedaban uo polos distintos acordos de disfrute entre compañeiros que houbo nas distintas oficinas xudiciais. STAJ presentará solicitude neste sentido tan pronto se aprobase a medida e vos informaremos de contado da decisión que se tome.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras