Por mor da entrada o 1 de xullo dos tribunais de instancia na chamada fase I (os antigos xulgados mixtos), que trouxo consigo entre outras cousas a reasignación forzosa de funcionarios principalmente ao Rexistro Civil, pero sen ir acompañada de formación ningunha. Situación que dará lugar a problemas, dado o sensible da materia que nese centro de destino se tramita (falamos de nacementos, defuncións, nacionalidades, matrimonios e un longo etcétera). Desde STAJ presentamos escrito a DXX pedindo unha formación, presencial e de calidade.
En ningún caso tíñamos que ter chegados a esta situación, pois fai xa meses que a DXX ten a estrutura e as RPTs determidas, e polo tanto era plenamente consciente de que esta situación ía ocorrer.
Temos que enlazar aquí tamén a problemática que ocorrerá coa implantación da fase III (as grandes cidades galegas), xa que os cambios nesta fase poden chegar a ser de xurisdición ou de fase de procedemento e afectará moi probablemente a decenas de traballadores que terán que moverse forzosamente.
Por iso, aínda que non sexa posible unha formación especifica antes do cambio, si que e posible (e moi recomendable) que a DXX teña preparados aos formadores para no mesmo día ou no seguinte á reasignación poidesen dar esa formación integral.
Deixamos o escrito achegado á DXX co xustificante de presentación.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras