jueves, 16 de diciembre de 2021

STAJ REITERA A NECESIDADE DE FORMADORES NOS ÓRGANOS XUDICIAIS


O problema que se atopan os órganos xudiciais cada vez que un novo compañeiro chega, e polo motivo que sexa (nunca traballou na xurisdición, procede doutra CC. AA, é de novo ingreso, vén das bolsas de traballo ou SPEG) non se lle deu a formación práctica necesaria para poder traballar sen necesidade de que alguén lle axude. 

A consecuencia directa disto, é que hai que explicar como funcionan as aplicacións informáticas (aínda no caso de saber o trámite, ten que saber plasmalo no Minerva ou Fortuni), en certas xurisdicións hai especialidades (penal ten o Siraj) e mesmo en determinados casos, hai que empezar polo básico e explicar que trámite procesual segue a outro, ou cal é a terminoloxía xurídica a utilizar. O resultado é, no mellor dos casos, atrasos e acumulación de carga de traballo no órgano xudicial.

 Desde STAJ, volvemos reiterarlle a DXX, que isto é un problema constante e que se agudiza en épocas de moito cambio de persoal, como poden ser os concursos de traslados.

 Nunca chegaremos a unha solución ata que non se impartan cursos de formación integral, tanto antes como despois do ingreso no órgano para aqueles funcionarios que así o necesiten. Tamén axudaría a figura do titor (un funcionario do propio órgano que de maneira voluntaria e retribuída, formase ao novo compañeiro). Porque o que a día de hoxe ocorre, é que a Xunta mira cara a outro lado e espera que sexa a boa fe dos traballadores o que solucione o problema. Non nos parece que sexa esta a forma correcta de facer as cousas, temos unha realidade que xera inconvenientes de todo tipo tanto á boa marcha do órgano xudicial, como o que é máis importante e do que non debemos esquecernos nunca, ao cidadán.

 O impedimento non debe ser por cuestión de diñeiro, pois a dotación económica non sería significativa se por exemplo, optásese pola figura do titor (a titoría podería estar limitada ao tempo dun mes, e só requiría un único pago por parte da administración). Tampouco é unha cuestión de xestión de persoal, o único que hai que cambiar, é que se pague ao compañeiro que fai a formación e que é o mesmo que actualmente a realiza gratis. É por tanto, unha cuestión única e exclusivamente de vontade.

 Por todo o anterior STAJ presentou escrito na DXX, interesando unha solución ao anteriormente exposto. Aquí deixámosvos a ligazón ao escrito presentado.


Escrito presentado na DXX

Xustificante de presentación

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras