viernes, 17 de diciembre de 2021

Galicia: Nova Orde de persoal interino. Cadro comparativo

No DOG de hoxe publícase a ORDE do 30 de novembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia

Para que sexa máis sinxelo de examinar os cambios da presente Orde, dende  STAJ elaboramos un cadro comparativo entre a Orde do 4 de outubro de 2018 e a Orde do 30 de novembro de 2021 e que  podedes visualizar na seguinte ligazón:

Cadro comparativo entre a Orde de 2018 e a Orde do 30 de novembro de 2021

NOTA IMPORTANTE: Disposición Transitoria Única:  "Mentres non entren en vigor unhas novas bolsas, ás persoas que soliciten a inclusión nas vixentes ao abeiro do previsto na disposición adicional primeira da Orde do 4 de outubro de 2018 seranlles de aplicación os requisitos e méritos establecidos na dita orde con anterioridade á presente modificación. Así mesmo, no caso do persoal seleccionado a través do Servizo Público de Emprego en aplicación do previsto no punto 5 do artigo 6, en canto non entren en vigor unhas novas bolsas, será baremado conforme os méritos establecidos na devandita orde antes da presente modificación"
 
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras