viernes, 12 de noviembre de 2021

Traxectoria Profesional

Antes de nada decirvos que non imos caer no lodazal que con mentiras e medias verdades leva días alimentándose dende UGT e SPJ-USO, queremos ser claros e transparentes, co ánimo de axudarvos a entender ben o que está a pasar, deixando de lado o barullo que xeraron estes sindicatos e onde se moven con absoluta soltura.

QUE É A TRAXECTORIA PROFESIONAL?

A Traxectoria Profesional non é mais que un concepto retributivo temporal, un sucedáneo da Carreira Profesional xa regulada na LOPX, que retribúe a experiencia e o recorrido profesional dos empregados públicos e nos que ademais dun determinado tempo de servizos se poden esixir outros requisitos. O Acordo que da lugar a esta retribución en Galicia é froito dunha folga de meses, soportada con moito esforzo e sufrimento, por tódolos funcionarios, titulares e interinos, da Administración de Xustiza de Galicia, NON É NADA QUE CONSEGUISE NINGÚN SINDICATO, conseguiuse, solo, GRAZAS A VOSA VALENTÍA, EMPEÑO, FIRMEZA E RESISTENCIA.

DISCRIMINACIÓNS NO ACORDO DA TRAXECTORIA PROFESIONAL.

Como concepto retributivo ligado a un determinado tempo de servizos no mesmo Corpo da Admón de Xustiza debe abonarse ao persoal interino, ao igual que se lles abona os trienios, e esto non o decimos nós, se non que o din multitudes de normas europeas e nacionais e multitude de sentezas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, do Tribunal Supremo, da Audiencia Nacional e dos Tribunais Superiores de Xustiza, que exixen igualade absoluta nas retribucións de funcionarios titulares e funcionarios interinos, sentenzas e normas que foron dictadas e entraron en vigor, algunhas, xa fai anos, polo que deberían ser coñecidas, tanto pola Xunta de Galicia como por tódalas organizacións sindicais.

Este Acordo adolece da exixida igualdade no eido retributivo entre persoal interino e titular que dispoñen as normas e as sentenza, e na Traxectoria Profesional debía integrarse ao persoal interino en condicións de igualdade absoluta, non solo parecida, respecto das condicións e esixencias polas que se lles otorga ao persoal titular de Xustiza, non vale, e todos o sabían, concederlles as condicións que nun futuro puidese ter o persoal interino da Xunta, deben ser idénticas condicións cas do persoal titular da Admón de Xustiza de Galicia, que é na Administración onde traballan e con quen comparten postos de traballo e funcións. É coñecido aquelo de “mesmo traballo, mesmo salario”.

Pero tamén, ao noso entender, pode ser discriminatorio respecto de funcionarios dos Corpos de Xestión e de Médicos Forenses ao exixirlles un ano máis de estadía en cada un dos graos nos que se estructura a Traxectoria Profesional, aínda que cumpran con tódolos requisitos, o que parece un capricho sen xustificación razoable nin normativa que o ampare.

Por ambos motivos, STAJ, que como sindicato específico debe defender os dereitos de todos, titulares e interinos, forenses, xestores, tramitadores e auxilios, presentou demanda Contenciosa Administrativa ante o TSXG, aínda non se dictou sentenza no noso recurso, só coa intención de que se corrixan estas discriminacións, e se inclúa, en condicións de igualdade aos interinos respecto dos titulares da Admon de Xustiza e se lles outorgue o paso aos distintos graos da Traxectoria Profesional a xestores e forenses cos mesmos tempos de permanencia no grao anterior que os que teñen tramitadores e auxilios xudiciais. Non se trata de defender a uns para quitarlle aos outros, trátase de que todos teñan o que lle corresponde, no mesmo momento e coas mesmas condicións. Que os forenses e xestores pasen de grao ao tempo que os auxilios e tramitadores, nada lle quita a estes últimos, nin que cobren a Traxectoria os interinos, nada lle quita aos titulares.

STAJ non pediu a anulación do Acordo, STAJ non está en contra da Traxectoria Profesional, pese a que non a asinamos por os motivos que podedes ver nesta información publicada no seu día (VER NOTICIA NO NÓSO BLOG), entendemos que é unha mellora, aínda que só sexa temporalmente e mentras nos e acade a verdadeira Carreira Profesional recollida na LOPX, das retribucións do persoal de Xustiza de Galicia, deterioradas e mermadas por anos de recortes e de políticas de  man pecha do Goberno do Estado e da Xunta da Galicia.

SENTENZAS DICTADAS E OS SEUS EFECTOS.

Dende hai meses fomos coñecendo sentenzas que se dictaron por diversos xulgados do Contencioso Administrativo de Galicia en procedementos iniciados de xeito particular por persoal interino, sentenzas que en tódolos casos lles deron a razón e fallaron, só con efecto para o demandante, que se lle debía pagar a Traxectoria Profesional en condicións idénticas ao persoal titular, sen que cabera diferencia algunha por ser interinos. Esas sentenzas foron notificadas á Xunta de Galicia como parte demandada e polo tanto xa eran coñecedores do que se lle viña enriba, aínda así prefiriron non facer nada.

Agora coas sentenzas dictadas polo TSXG sucedeu o mesmo, volven a fallar que houbo discriminación e que se debe integrar aos interinos na traxectoria Profesional en condicións de iguadade con respecto aos titulares, considerando non axustados a dereito os artigos ou cláusulas que mantiñan esa discriminación dentro do Acordo, pero non anulan o Acordo enteiro, só lle din á xunta e aos Sindicatos asinantes que deben modificar o Acordo naquelo que non consideran legal por vulnerar o dereito fundamental de igualdade, e eso é o que debe facerse, refomar o Acordo, pero a Xunta ten unha excusa para deixar de pagar e aforrar os cartos, e os sindicatos asinantes en vez esixirlle a Xunta o mantemento do Acordo e a súa rápida reforma para que sexa legal, prefiren enfangar con falsedades e botarlles a culpa ao resto da representación sindical.

PROCEDER INADMISIBLE DA XUNTA DE GALICIA.

A Xunta de Galicia, según informacións emanadas dos sindicatos asinantes optou, polo menos de momento, POR CONXELAR de xeito unilateral e no estado actual os graos e as cantidades que cobramos pola Traxectoria Profesional, á espera do que suceda co Recurso de Casación. Se así fose, aínda non temos noticia oficial, consideramos esa actitude como mezquina e ruín, pois o Recurso de Casación non pecha a posibilidade d mantemento e desenrolo do Acordo durante o seu tramite, se non todo o contrario,  deixa aberta a posibilidade de seguir desenrolando o Acordo hasta que haxa sentenza firme, sen necesidade de parar o proceso e tan se necesitaría abrir o acceso o mesmo para o persoal interino.

A Xunta, se realmente tivese vontade de manter esta retribución, debería poñerse de inmediato a reformar o Acordo, tal como lle pide o TSXG, para acoller nas súas clausulas aquelas esixencias das sentenzas referidas para que sexa axustado a dereito, e todos, titulares e interinos cobremos a Traxectoria Profesional en condicións de igualdade, sen parón temporal no acceso aos graos, tanto para os que accederon o ano pasado como para os que o ían a facer este ano, nin merma nas retribucións de ninguén. Este proceder, si se confirma, non nos sorprende na actual Xunta de Galicia pois o mesmiño fixeron coa Carreira Profesional dos funcionarios da Administración Xeral da Xunta e coa do SERGAS que levan paralizadas máis dun ano sen motivo e agora parece que lle  tocaba á de Xustiza.

PROCEDER DOS SINDICATOS ASINANTES

Xa dende o principio, estes tres sindicatos eran coñecedores das deficiencias e discriminacións do Acordo, pero prefiriron asinalo pasando por riba dos dereitos dunha parte dos traballadores aos que representan, sen pararse nin un segundo a intentar melloralo, e só se adicaron a vender, esto sí que o saben facer ben, as bondades dun Acordo conseguido grazas a eles e solo a eles, olvidándose de quen foi realmente o mérito e a forza, e xa raiando o esperpento agora din que o conseguiron cada un deles por separado.

Dende fai varios días están sacando notas informativas confusas, incongruentes e incluso contradictorias. Hai uns días felicitábanse porque xa tiñan conseguidos os cartos para o segundo grao da Traxectoria, e celebraban que podían acceder aqueles que o ano pasado non o fixeran por algún motivo e tamén dixeron conseguir que aos interinos se lles aplicase a Traxectoria, todo esto xusto despois da primeira sentenza dictada polo TSXG, que agora resulta que ten culpa de moitos dos males. Días despois uns dixeron que a Traxectoria se acababa, en liña co que dixo a Xunta ao dia seguinte, pero outro sindicato repróchalles que creasen  alarmismo, xa que eles como sindicato maioritario garantizan que a traxectoria veu para quedarse.

Últimamente xa estes dous sindicatos prefiren botarlle a culpa a todo o mundo, retrotraéndose para xustificalo incluso a cousas que sucederon hai 13 anos, pero deixan a salvo e protexen, quizá nun intento de protexerse a sí mesmos, á verdadeira culpable, á Xunta de Galicia, en concreto ao famoso Director Xeral de Función Pública, D. Jose María Barreiro, sí, aquel que nos mandara emigrar. Estes sindicatos prefiren facer seguidismo da mala fe da Xunta que non quere solucionar o problema modificando o Acordo e prefire cortar polo sano e aforrar os cartos, sen molestalos nin esixirlles absolutamente nada, e cargar contra os que só buscamos un Acordo igualitario, sen discriminacións e que non vulnere a Lei. Dende o momento da firma do acordo sabían que o que estaban a firmar non era legal nin equitativo para todos os Corpos, e agora o TSXG llo está a decir por sentenza , e en lugar de recoñecer o erro e traballar para tratar de solventalo exixindolle á Xunta que modifiquen o Acordo  para axustalo ao disposto polo Tribunal, queren facer culpables aos que persguen a legalidade e a igualdade. Eles saberán….

Decimos só dous sindicatos dos tres que asinaron, porque nun exercicio de honestidade, que é de  agradecer no medio deste disparate, CCOO sabe perfectamente e informa  de que a culpa, se a traxectoria ao final se conxela, é  exclusivamente da Xunta e tamén sabe cal é a solución (Enlace nota CCOO)  


TAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras