martes, 16 de junio de 2020

STAJ NON ASINOU A “ TRAXECTORIA PROFESIONAL”

O pasado venres dia 13 de marzo, xusto antes de decretarse o estada de alarma (por iso non fixemos nota informativa ata hoxe) acudimos a convocatoria feita pola  Dirección Xeral da Mesa Sectorial, que non é máis que unha mesa de negociación, co gallo de tratar o que eles chaman a Traxectoria Profesional.  

Como vos dixéramos  STAJ acudiu con vontade negociadora e con propostas e iniciativas claramente dirixidas a mellorar o texto que nos pasaron en borrador, texto moi mellorable en canto as cantidades e  porcentaxes anuais, ao xeito de entrar todos/as no mesmo grao sen contra os servizos previos, as condicións discriminatorias de pasar dun grao a outro, ata 4 anos mais tarde dependendo do Corpo, a dependencia dos orzamentos de cada ano para determinar as cantidades, a aplicación ao persoal interino, que non se sabe nin cando nin como se lle vai aplicar, e outras moitas cousas que exponeños máis abaixo . 

STAJ NON SE VAI OPOÑER A UN AUMENTO, TAN NECESARIO, DAS RETRIBUCIÓNS DO PERSOAL DE XUSTIZA DE GALICIA, PERO ESTE QUE ASINARON NON É NIN DE LONXE O QUE NECESITAMOS NIN O QUE PREGOARON UNS E OUTROS. PARÉCENOS MAIS UNHA MEDIDA ELECTORALISTA, QUE UN INSTRUMENTO QUE TEÑA VOCACIÓN DE ARRANXAR OS NOSOS PROBLEMAS RETRIBUTIVOS DE XEITO DEFINITIVO. 

STAJ quere deixar claro que esto non é a Carreira Profesional, por moito que intenten que se parezca, incluso no nome, a verdadeira Carreira Profesional é un novo complemento  fixo, para sempre e xa regulado na LOPX, non é unha adiciòn provisional ao CAT ou o Complemeto Especìfico como é isto, e por tanto ao non ser un complemento fixo a Xunta podeo quitar ou menguar sen ningún tipo de explicacións nin razóns, simplemente porque sí.  

O que nos atopamos ali o 13 de marzo foi un simulacro de negociación, a verdadeira negociación xa tivera lugar días antes, entre a DXX e os tres sindicatos, que xa dende os primeiros momentos da reunión confirmaron a súa disposición a asinar ese acordó sen esperar a novas propostas da Administración. O pouco que se mellorou o texto xa estaba acordado entre eles, e solo se concovou a Mesa Sectorial porqué así o dispón a lei, non foi para negociar nada, foi porque a lei obriga a tratalo nunha Mesa Sectorial con tódolos sindicatos e tiñan que cumprir ese requisito. 

Foi tan descarada a performance que a propia Administración chegou representada solo por con 4 vocais cando teñen 11. Esta Mesa Sectorial conformase con 11 representantes da Xunta e 11 dos sindicatos, sabíanse gañadores en caso de votación, pois contaban por anticipado, co voto a favor de  6 vocais da bancada sindical de SPJ-USO, UGT e CCOO. 

Señalamos como outro claro exemplo da parodia que representaron uns e outros, o que os orzamentos reservan 860.000 euros para este ano 2020, cousa que xa sabían dende xaneiro, e no reparto do primeiro borrador, xa sabedes que decía que durante este ano solo se cobraría o 10%, resulta que de aplicarse ese porcentaxe non se repartían nin a metade dos 860.000 euros que habían reservado. Agora veñen vendendo que se subiu o tanto por cento para o 2020 grazas a súa  negociación e a que a Xunta aceptou a súas propostas, cando  o único que pasou e que antes solo se habían repartido unha parte dos cartos, para  dar a entender, que foi todo un logro sindical nesa Mesa de negociación o aumentar o porcentaxe a cobrar durante o 2020, e o único certo é que solo se debe ao reparto total dos cartos que xa había, non se aumentou o total, simplememte se repartiu todo o que había, pois solo se fixera o reparto de arredor de 400.000 euros, non dos 860.000. 

STAJ non asinou este acordo polas  razóns que vos explicamos de seguido. 


RAZÓNS EN CANTO FORMA: 

Por terse negociado con tres sindicatos ás costas dos demáis.  

Porque tanto a Xunta, na propia reunión, asi como algún dos sindicatos que o asinaron, manifestaron que esto se ía a aprobar si ou sí, que non necesitaban de ninguén máis.  

Por simularse unha negociación sen acoller ninguna das propostas de STAJ para mellorar o texto, e negarse incluso a valoralas. 

Porque a negociación foi express. En boca do Director Xeral  se tiña que aprobar naquela reunión por motivos electorais, metíanlle presa os jefes, non había tempo para outra reunión nin para valorar propostas e melloras. Tiña que negociarse e asinarse antes da campaña electoral, tanto para as eleccións suspenddidas do 6 de abril, como das eleccións actuais do 12 de xullo. 

Porque se nos ocultaron pola Xunta, datos e cifras que solo coñecían eles e os seus tres sindicatos de cabeceira, cousa que comprobamos na propia reunión. 


RAZÓNS EN CANTO AO FONDO: 


Porque os cartos que se reservaron nos Orzamentos son poucos e habería que tentar conseguir máis, había tempo ata o segundo semestre que empeza o encadramento. 

Porque de entrada debíasenos encadrar no grao que nos correspondese en base a antigüidade que xa posuímos, ou polo menos reducir esa posibilidade a dous anos, e non meternos  a todos no grao mais baixo, teñas os anos de servizo que teñas. Debido a  media de idade do persoal esto suporá que aos graos altos non chegue case nadie, antes xubilámonos todos/as. 

Porque do grao catro xa nin se atreveron a por nada no acordo, como si non existira o cuarto grao. 

Porque o acordo alonga o pago do 100% de cada grao en varios anos, prorrateando a cantidade total ata en catro anos, e STAJ cree que se debe cobrar o 100% da cantidade correspondente ao novo grao dende o momento que acades os requisitos, ou como moito dende o ano seguinte. 

Porque non entendemos a discriminación por corpos, cando se cobran cantidades e porcentaxes distintos cada ano concreto e para cada grao. Tampouco estamos dacordo que uns corpos suban de grao antes que outros, ata dous anos antes, aínda que todos cumpren os requisitos para poder acceder a vez. Esto pode ser motivo de impugnación pola evidente desigualdade que se consagra. 

Porque, ainda que os 3 sindicatos asinantes sacaron notas cunhas cantidades por corpos e por anos ata 2027, non quedan reflexadas esas cantidades neste acordo nin cantidades totais para os vindeiros anos nin as parciais para cada un dos corpos e  graos, solo se reflexa a cantidade para este ano e para o ano que ven e decir o grao 1, despois solo se fala de porcentaxes e deixase que sexan os orzamentos galegos de cada ano os que destinen, ou non, os cartos necesarios,  dependendo da dispoñibilidade orzamentaria, que é o mesmo que decir, se lles da a gaña. E esto consideramos que é de máxima importancia para asegurar a cantidades para os vindeiros anos, visto a situación de crise económica na que estamos e na que imos seguir por tempo. 

Porque cremos necesario que esas cantidades que se adicionen ao CAT e ao CE deben quedar consolidadas neses mesmos complementos cando se aprobé o Real Decreto que desenrole e pague a verdadeira Carreira Profesional, pois despois eses cartos viran do Estado e a Xunta xa non terá que poñelos, polo que os aforrará. 

Porque o que eles chamán no acordo “Clausula de salvagarda” une o destino deste acordo, das súas anualidades e das súas porcentaxes, ao que suceda na Administración Xeral da Xunta de Galicia, empeorándose as condicións deste si na Xunta empeoran.     

Porque non queda claro, nin en que condicións, nin cando se vai trasladar este acordo ao persoal interino, que lembremos teñen os mesmos dereitos retributivos que os titulares, xa que fala de cando se establezca para o peroal interino da Xunta e na mesmas condicións. Esto non ten sentido, ten que ser a vez e nas mesmas condicións que para os titulares de Xustiza, nen mellor nin peor, pois supondría unha discriminación para uns ou para outros, e poderíá acabar por suspenderse por algún tribunal por vulneración do dereito de igualdade, como pasou no SERGAS que non principio estaban fora interinos e eventuais. 

Porque ten que pasar o filtro do Ministerio de Hacienda e de Función Pública do Estado, e con ese nome e procedemento no que se empeñaron algúns co gallo de que parecerá o que non é, poden tiralo abaixo, xa tiveron problemas coa verdadeira Carreira Profesional no SERGAS. Para estar seguros que non poñen pegas debería estructurarse como Plan Xeral de Acción ou de Actuación, pero non quixeron para non darnos a razón.  

O texto do acordo flaquea pola moita marxen de discrecionalidade que ten a Administración para determinar e modificar, porque sí e unilateralmente, aspectos importantes do mesmo e tamen pola falta de igualdade entre corpos e co persoal  interino, o que fai moi fráxil para defendelo xurídicamente en caso de algunha impugnación, tamén en canto a alta posilidade  de que non pase o filtro do Ministerio de Hacienda nin de Función Pública do Estado, cousa que se evitaría si se deseñase como un Plan ou Programa Xeral de Actuación, pero quizás sexa esto o que se buscaba, porque avisados estaban. 



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras