martes, 2 de noviembre de 2021

O TSXG propón reforzar con máis persoal os xulgados de violencia sobre a muller das sete ciudades

Tal como leva solicitando STAJ desde hai varios anos, (16-12-15/ 06-05-19 /27-09-2125-10-21), a Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) propuxo reforzar, dentro do Plan de Actuación COVID-19, os xulgados con competencia en materia de violencia sobre a muller das sete grandes cidades da comunidade.

O TSXG tamén propuxo que se reforce o persoal que presta os seus servizos nestes órganos. Ademais de solicitar que se manteña o persoal interino de reforzo existente na actualidade, a Sala de Goberno solicita á Xunta que aumente os persoais e que se establezan “de forma permanente” prolongacións de xornada dun número suficiente de funcionarios para que realicen labores de apoio directo ao maxistrado/a para a atención de asuntos urxentes fose do horario de audiencia.

No plan global de reforzo elaborado polo TSXG insístese na necesidade de que estes xulgados estean dotados de persoal “idóneo para a materia da súa competencia”, debido á súa “sensibilidade”. Lembra ademais que nos días laborables atópanse “nun permanente servizo de garda”, o que provoca case a diario que “a xornada laboral do persoal que traballa nestes órganos esténdese fóra do horario de audiencia”.

Ligazóns: 

www.poderjudicial.es

www.lavozdegalicia.es


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras