As xanelas constitúen unha fonte luminosa que deberá ser tida en conta ao determinar a posición da pantalla do computador , para evitar reflexos.
O
cegamento maniféstase sobre todo durante
a permanencia prolongada en interiores e provoca unha sensación desagradable,
diminúe o benestar e reduce a capacidade de rendemento
As
persianas son un excelente sistema de control
lumínico, e de protección solar ao evitar a entrada de radiación non
desexada, sempre que sexan ben utilizadas
e colóquense en xanelas expostas ao sol .
É
farto coñecido o problema da falta de persianas no Xulgado de Primeira Instancia e
Instrución número un de Tui.
No
suposto de contar con elas evitaríamos o espectáculo de ver como se cobren os
cristais con papel de estraza pegado con
celo para desta maneira , moi pouco estética, evitar a entrada do sol que reflicte nas pantallas e poder continuar
co seu labor diario.
As xanelas deberían contar con persianas, biombos, estores ou cortinas
regulables que eviten a incidencia da luz natural na pantalla ou no
usuario.
Resulta
estraño ver unhas xanelas
empapeladas nunhas instalacións
novas, aparentemente ben coidadas onde inclusive recoméndase aos funcionarios non pegar calendarios nas paredes para non romper
a estética das oficinas e dar a sensación de descoidadas.
Por todo iso dese
STAJ solicitamos á DXX que proceda de forma inmediata á instalación
dunhas persianas, estores ou o
que considere conveniente
para que os funcionarios que se atopan destinados no devandito Xulgado poidan
desenvolver o seu traballo nunhas condicións mais adecuadas e non estar
pendentes de tapar a entrada de luz solar con papeis como ata agora veñen
facendo.