lunes, 25 de octubre de 2021

STAJ solicita persoal de reforzo para o xulgado de NEGREIRA

Hoxe queremos informarvos da recente visita ao xulgado de primeira instancia e instrución de Negreira, podería ser calquera dos xulgados mixtos que se espallan pola xeografía galega e dos que cada día no noso blogstajgalicia informamos e reivindicamos cun mesmo slogan: a solicitude de máis DOTACIÓN DE MEDIOS PERSOAIS E MATERIAIS a todos este xulgados mixtos, pero hoxe toca facer unha especial referencia ao xulgado mencionado. 

    Este sindicato STAJ faise eco das queixas dos funcionarios que alí traballan e quere buscar unha solución, a grave situación que día a día se está a xerar, como consecuencia do aumento de procedementos que na sede xudicial de Negreira se están a dar, implicando que sexa considerable a carga de traballo que soportan tódolos días os funcionarios alí destinados; facer especial fincapé, que é admirable a profesionalidade das traballadoras alí destinadas co fin de evitalo colapso, que vense obrigadas a alargar o seu horario laboral imposibilitando a conciliación da súa vida persoal e familiar, e evitar o dano que lle poden causar ao cidadán. 
Actualmente o xulgado de primeira instancia e instrución nº 1 de Negreira está composto por 6 funcionarias: 2 xestoras, 3 tramitadoras e 1 auxilio xudicial; a titular desta praza que tiña como cometido o trámite de tódolos asuntos que se xeran no Rexistro Civil, atópase na actualidade de baixa médica, ocupándose este posto por unha interina, que sen haber recibido ningún tipo de formación, está encargada entre outras cousas de tódolos eses trámites, ademais de atender a súa verdadeira función de axente xudicial que é a establecida no art. 478 LOPJ; a consecuencia é que as compañeiras vense obrigadas a tramitar, a parte do traballo diario, aqueles asuntos que por consecuencia que se produce dunha baixa ou ben pola unha ausencia prolongada dun compañeiro.

Por si isto fora pouco, neste xulgado como tódolos unitarios mixtos compatibilízanse tarefas que teñen competencias en materias relacionadas coa violencia de xénero, estando forzosamente de garda tódolos días do ano, a consecuencia é un exceso de traballo, que xera situacións  provocando malestar tanto de avogados, procuradores, como dos propias compañeiras. 

  A Letrada da Administración de Xustiza do Xulgado infórmanos que cursou, segundo o acordado no art. 19.2 da  ORDE  do 4 de  outubro de 2018, a correspondente petición de persoal de reforzo a través do  OPAX.

    Por elo, diriximos escrito á Dirección Xeral de Xustiza para que de forma inmediata dote ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Negreira de DOUS FUNCIONARIOS DE REFORZO pertencentes ao corpo de Tramitación procesual e Administrativa, tendo en conta todo o descrito anteriormente.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras