O Xulgado de Primeira
Instancia e Instrución nº1 de Arzúa está a atravesar unha situación especial e
particular que ven dada:
- Pola falta de persoal e
medios materiais.
Ata fai ben pouco, existía
unha dotación composta por dous axentes xudiciais (un deles de reforzo) pero
foi coma si nada, xa que a compañeira de auxilio xudicial de reforzo tivo que pedir unha
baixa que durou máis de catro meses, co resultado da eliminación dese reforzo.
Agora mesmo o titular ten que levar ademais das súas funcións (tódolos días
atención nas vistas, facelo correo, Arquivo de expedientes, etc...); ter que
levar el só a sección do Rexistro Civil.
Mencionar que se trata dun
Partido Xudicial amplo, no que conta con cinco residencias e un sanatorio
psiquiátrico das que imos a enumerar: A Residencia San Xosé (Arzúa); a
Residencia “Nosa Señora da Magdalena”, “Residencia para maiores” (Boimorto);
“Fogar Residencial de Melide” (Melide); a “Residencia Os Tercios S.L” (Touro) e
o “Sanatario La Robleda” (O Pino), implicando gran cantidade de expedientes de
incapacidade e internamentos, sumádelle as tarefas do Rexistro Civil e
os casos relacionados coa violencia de xénero, ao contar cun só xulgado de primeira instancia e
instrución que ten que estar de garda tódolos días do ano, tendes como consecuencia
un exceso de traballo, que xenera situacións como a acontecida este verán cando
o xulgado tivo que suspender as vistas por disfrutar das súas vacacións o axente xudicial
provocando o malestar tanto de avogados, procuradores, como dos propios
interesados
Engadir a este cóctel, que
unha funcionaria interina de tramitación aprobou recentemente as oposicións e
deixará libre esa praza para incorporarse ao seu destino.
STAJ dirixe este escrito exixindo
ao
Director Xeral de Xustiza para que:
- Nomee con urxencia un
funcionario de reforzo pertencente ao corpo de Auxilio Xudicial.
- E para o Arquivo que se dote dun técnico/a superior o medio en arquivos, destinado a garantir a conservación ou ben o expurgo de aqueles expedientes mais antigos.
Xustificante
Solicitude de Reforzo
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras