lunes, 27 de septiembre de 2021

STAJ REITERA NOVAMENTE A CONVOCATORIA DE MESAS SECTORIAIS SOBRE ASUNTOS QUE NON SE PODEN SEGUIR APRAZANDO

STAJ reitera a solicitude de convocatoria urxente de Mesas Sectoriais a fin de negociación das normativas expecíficas relativas a: 

  • Substitucións e regulación da normativa das Comisións de Servizo.
  • Quendas de Auxilios por atribución de funcións en xulgado distinto ao do seu destino.
  • Regulación expecífica sobre prolongacións de xornada.
  • Convocatoria da bolsa para  a selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais.
  • Horario e Xornada Laboral.
  • Vacacións, Permisos e Licenzas.

Dende STAJ remitimos, por enésima vez, escrito á Dirección Xeral de Xustiza a fin de reiterar os xa presentados anteriormente solicitando convocatoria de Mesas Sectoriais, e acabar coa parálise na negociación de asuntos que están enriba da mesa fai maís de tres anos sobre temas que consideramos esenciais e seguen pendentes de necogiación, algunos, como a regulación das Sustitucións e as Comisiones de Servicio  empezaron a afrontarse no ano 2017 pero logo quedaron estancados;  e outros como o Horario e Xornada Laboral e normativa sobre Vacacións permisos e Licenzas, que están regulados por unha normativa tan antiga que necesita unha actualización na que se inclúan tanto as pequenas modificacións realizadas co paso dos anos como instrucións desa Dirección Xeral que regulan aspectos desta materia sen que estean reflectidas no corpo da normativa nin en modificacións posteriores; e outras como o mecanismo de atribución de funcións entre os funcionarios do corpo de Auxilio a través do sistema de quendas necesita ser abordado para adaptalo a realidade da súa practica; e a tan ansiada regulación específica sobre as prolongacións de xornada que levamos solicitando fai tempo sen que nunca se convocara  mesa sectorial para elo. Mención aparte merece a negociación das bases da convocatoria das bolsas de interinos unha vez ultimada a  modificación da regulación de selección de persoal interino, que logo de varios meses parece que a Administración non ten presa e queda tan estancada como as anteriores, sabedores como son na necesidade de solucionar unha situación que está xerando problemas a todos os intervenientes.

  • E unha urxencia a actualización das regulacións de Permisos, Vacacións e Licenzas así como a relativa a Horario y Jornada Laboral dado que son normativas dos anos 2009 e 2014 e o que é máis importante, son normas afectadas por reformas, tanto nacionais como autonómicas, que fan aconsellable acometer unha modificación da regulación autonómica específica na que se recollan todas elas máis o que sexa acordado na mesa de negociación oportuna.
  • Igualmente é necesaria unha mesa sectorial a fin de acadar unha regulación das prolongacións de xornada, entre outros nos siguientes termos:

  1. Mecanismo uniforme para a concesión de prolongacións de xornada, de tal  xeito que se determinen criterios homoxeneos para a súa concesión.
  2. Regulación da forma de control  de dedicación deses esforzos extras a paliar os problemas para os que foron concedidas.
  3. Que se seleccione pola propia Administración en cada órgano e en base as solicitudes, o persoal interesado nas prolongacións de xornada con criterios obxetivos, acabándose cos designacións a dedo.

  • Doutra banda, consideramos necesario retomar a regulación das comisións de servizo, e dotar a Admon. de Xustiza en Galicia dunha norma que regule a cobertura mediante comisión de servizo de plazas vacantes que, sendo propias das comisión, a día de hoxe estanse cubrindo por outros sistemas.
  • Respecto das substitucións é igualmente necesario retomar as negociacións a fin de finalizar a súa modificación e actualización sen utilizar o instrumento de pequeñas reformas como a actuada recentemente do artigo cuarto e sétimo.
  • Consideramos necesario igualmente a convocatoria de mesa sectorial encaminada a conseguir una regulación do mecanismo de atribución de funcións dos funcionarios do corpo de Auxilio a través do sistema de quendas, utilizado polas xefaturas territoriais competentes en materia de xustiza, para atribuír ao persoal do corpo de auxilio xudicial a atención de correo urxente, asistencia a sala de vistas e videoconferencias e a realización do servizo de garda en xulgado distintas ás do seu destino. Regulación que debe primar, en canto ás retribucións, o feito de que só cobren pola atribución de funcións os integrantes da  quenda que fagan de forma efectiva as funcións requiridas, e non como ata o de agora que cobran por períodos quincenais con independencia de que presten as funcións solicitadas ou non, mesmo  cando intervén outro auxilio por atribución forzosa.
  • Respecto da regulación da normativa sobre persoal interino, o último contacto foi o día 13 do mes de xullo, momento no que nos deron prazo de dez días para alegacións ao texto que nos remitiron. Pasado este prazo a Administración ni contesta, ni convoca nova mesa ni publica a reforma. A deixadez neste tema é absolutamente asombrosa sabendo os problemas que se está a ter co funcionamento da bolsa actual, non parece que teñan ninguna presa en solucionar as disfuncións que actualmente vivimos, mais ben parece que as aceptaron  e que non lles preocupa, se non fora así poderían por fin a esta situación coa publicación da modificación cuxa negociación está esgotada.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras