Dende STAJ denunciamos que a futura localización do Rexistro Civil Exclusivo da cidade de Vigo non cumpre coas necesidades mínimas de viabilidade para albergar un servizo público de calidade e en consonancia coa cidade á que prestará servizo.
A Xunta de Galicia mantense na
decisión de ubicar o Rexistro Civil na rúa San Sebastián, nº 13 da cidade. Para
este sindicato esta é unha decisión totalmente desafortunada contra a que
levamos meses combatendo, por entender que o edificio non é o adecuado para
este servizo por varias razóns. En  primeiro lugar porque estará servido por
funcionarios dá Administración de 
Xustiza,  asi como por  unha Letrada 
desta Administración, e encabezado por 
unha  Maxistrada  Xudicial e polo tanto ten que estar no
edificio no que se reunirán todos os servizos que están atendidos por
funcionarios de xustiza, que non é outro que o novo edificio xudicial que
estará ubicado no antigo Hospital Xeral. En
segundo lugar porque as instalacións non se adaptan ás necesidades
requiridas para albergar, entre outros, a: dezasete funcionarios mais dous
despachos, un para a Letrada e outro para a Maxistrada;  unha sala de vodas (a cal debería ser acorde
coa cidade mais grande de Galicia e non unha minúscula dependencia nun soto); espazo
de arquivo definitivo así como, e mais importante, espazo para ubicar os libros
de acceso diario, non podemos esquecer que estamos a falar de libros que gardan
a información de toda a cidade de Vigo máis o antigo concello de Bouzas e
Lavadores, actualmente se consultan de forma física aqueles que gardan a
información dende o ano 1871 ao 1950; espacios privados para atender a
solicitudes de especial sensibilidade e que non poden ser tratados en zoas común;
espazo para o persoal de seguridade e distintas dependencias. Por outra banda o prexuízo para os
cidadáns é máximo dado que  se verán
obrigados a traslados innecesarios pola cidade para conseguir documentos que se
teñen que achegar en procedementos xudiciais, como  certificacións de  nacemento, 
falecemento, incapacidades, 
separacións, divorcios, etc. Os cidadáns que necesiten acceder en coche
verán minguada esta posibilidade dado que a zona é de tráfico restrinxido e sen
posibilidade de aparcamento, o que dificultará o acceso a parte da cidadanía,
especialmente a aquelas de mobilidade reducida, ou lles obrigará a pagar un
taxi. 
Ou motivo que se nos daba
inicialmente  dende a Administración
para  non sitúao  na 
Cidade dá  Xustiza era que  ao 
fronte  do  mesmo 
non se  atoparía un  maxistrado/a, fundamento que a día de hoxe
queda descartado debido a que, como xa 
dixemos ao principio, a titular do Rexistro Civil de Vigo seguirá sendo
a Maxistrada actual e, aínda que nun futuro deixe de selo, o fundamento de non
ter un Maxistrado como superior máximo non é válido debido a que na futura
cidade da xustiza sitúanse servizos como a policía autonómica ou o Imelga
fronte aos cales tampouco se atopa ningún Maxistrado e iso non levou a concluír
que serían situados fóra dela.  
Neste momento o que se nos di é que
o Rexistro Civil situarase na rúa San Sebastián porque xa no ano 2011 adquiriuse
e reformouse o inmoble con ese fin, polo que se producirá o traslado si ou sí.
Dicir isto é o mesmo que dicir que a Xunta de Galicia non ten capacidade de
reacción, nin de analizar a evolución dos acontecementos dos últimos anos. Sen
quitarlle a razón en canto ao exposto, o que non podemos admitir é que un
edificio de hai unha década cumpra os requisitos que actualmente se necesitan,
nese caso teriamos tamén que admitir que a nova cidade da xustiza non é
necesaria debido a que non o era no ano 2011. Con posterioridade ao ano 2011, e
unha vez acordada a creación da Nova cidade da Xustiza, o máis coherente sería
que a localización de todos os Servizos de Xustiza estivesen concentrados na
mesma, polo que non se pode comprender que se trasladen para ela oficinas de
institucións alleas aos xulgados á conta de deixar fóra a un dos servizos máis
emblemáticos e de gran importancia para a cidadanía.
Pero é máis, inda tendo que aceptar
que o Rexistro Civil non se sitúe na Nova Cidade da Xustiza, estamos seguros
que a Xunta de Galicia poderá atopar emprazamentos máis adecuados (nós xa lle
fixemos diversas propostas) o que non entendemos é a teimosía e a insistencia
en manter unha decisión tomada hai unha década e que a día de hoxe xa non é
válida. A Xunta de Galicia ten que admitir esta realidade canto antes e
descartar a idea de executar unha decisión fatal para a cidade de Vigo.
