.- A DXX pretende
que o número de integrantes das respectivas bolsa, que ata agora se determinaba
por unha porcentaxe en relación ás prazas de titulares do Corpo en cada provincia na propia Orde,
se fixe, a partires de agora, na convocatoria de cada bolsa.
STAJ non se opuxo, ainda que non vemos a necesidade
de ampliar o número de integrantes, pois entendemos que co número actual, se
estivesen as bolsas completas e todo o persoal disponible, sería suficiente, e ademáis
consideramos que cos baremados se pode suplir as baixas nas bolsas sen
necesidade de amplialas desproprocionadamente. Tamén estamos dacordo en que se
publiquen as listas de baremados e suban as bolsas de reserva, pero solo no caso de falta do número total de membros acordado na convocatoria.
.- A DXX quere suprimir os dous requisitos para acceder
as bolsas, é decir, ter aprobado un exame do corpo ou ter traballado 6 meses xa
non serían requisitos se non méritos puntuables, deixando solo a titulación
academica para poder acceder as bolsas.
STAJ non se opuxo, aínda que eso pode supor
ter que baremar milleiros de instancias e tardar moito mais tempo en
sacar as listas das bolsas e a súa entrada en vigor.
.- A DXX quere que conten como méritos puntuables os
exames aprobados noutros corpos da Admón de Xustiza distintos aos que te
presentas, podendo por exemplo, ter aprobado exames, ou traballado en Tramitación
e Auxilio e presentarte a Xestión, eso sí, valorando con menor puntación estes
méritos ca os obtidos no mesmos corpo ca os que te presentas.
STAJ está conforme con este cambio e de feito
propuxémolo en varias das reunións previas á Mesa de onte, polo que estamos
satisfeitos con esta mellora que parece asumir a DXX.
.- A DXX pretende a suba dos puntos por exames
aprobado no corpo ao que te presentas e noutros corpos da Admon de Xustiza,
cun máximo de 29 puntos. Tamén pretende a suba dos puntos pola experiencia que
pasa de 33 a 40 puntos.
STAJ propuxo
tamén a suba de ámbolos méritos e aínda que non é exactamente a puntuación que
pretendíamos, mostrámonos conforme con
esta.
.- A DXX pretende, entendemos que con bo criterio, a suba dos puntos por coñecemento da lingua
galega, pasando de 4 a 6 puntos o Celga
4, de 8 a 12 puntos o curso de galego xurídico medio e de 12 a 18 o galego xurídico superior.
STAJ propuxo e defendeu como un freo a xente sin
arraigo en Galicia que se apunta as bolsas e non vai vir nunca a traballar,
estando permanentemente en suspensión temporal, por eso pedimos unha maior puntuación do galego,
10-15 e 20.
.- A DXX non tivo mais remedio, como lle exiximos,
que acceder a valorar os cursos de formación con contido xurídico e de informática,
subinda a puntuación máxima con respecto aos cursos de formación de 2 a 2´5
puntos e con respecto a infrmatica de 1
a 1,5 puntos, pretendendo mater o límite de validez dos mesmos de 5 anos e de duración superior as dez horas.
Tamén se quere subir a puntuación en certas titulacións académicas, como grao e licenciatura en Dereito e outras que
se queren aumentar entre 1 e 2 puntos.
STAJ non contemplaba unha convocatoria sen puntuar
os cursos de formación e os de informática, discrepamos sen embargo no límite
de 5 anos de validez dos mesmos e propuxemos que sexan válidos os cursos que
versen sobre normas en vigor ou se non que permitan 10 anos de validez, como se permiten para as oposicións.
.- A DXX quere eliminar a posibilidade de cese por
falta de capacidade ou rendemento, cousa que se determinou discriminatoria por
varias sentenzas, dispoñendo que debe
aplicarselle ao persoal interino o mesmo réxime disciplinario que ao persoal
titular.
STAJ mostrase dacordo con esta reforma, ao entender
que no noso regulamento disciplinario están contempladas faltas e sancións para
aplicar a ese tipo de comportamentos, tanto
a persoal interino como a titulares.
.- A DXX quere que os que soliciten a supensión
temporal ou se reincoporen dunha
suspensión temporal o fagan de xeito efectivo dende o día hábil seguinte a recepción
da solicitude correspondente.
STAJ mostrase dacordo con esta modificación.
.- A DXX pretende, co gallo de rematar con certa
picaresca, que os que se reincorporen despois dunha incapacidade temporal
(baixa laboral) que ata agora o facía ao día seguinte de enviar o parte de alta, se incorporen de xeito efectivo as
listas de chamamento pasados uns días, non concretou cantos nin a fórmula para
facelo, dende a recepción do parte de baixa.
STAJ, coñecedor do uso de ese fraude de lei de xeito,
eso sí, minoritario, comparte en certa
medida ese criterio, pero o retraso na reincoporación dos que veñen dunha baixa
non pode supor un perxuizo
indiscriminado e xeralizado, polo que estaremos atentos a formula que utilicen
para que non paguen xustos por pecadores.
TRATÁRONSE EN
ROGOS E PREGUNTAS OS SEGUINTES TEMAS.
REFORZOS: A solicitude de STAJ para que oficializase e
comprometer a súa palabra na Mesa Sectorial o Director xeral comunicou públicamente
que se vai tratar na próxima reunión co TSXG a designación de reforzos para os Xulgados
de Vilagarcia, Caldas nº1, Lalín, Ribeira, Betanzos e Viveiro entre outros, quedando a espera
de que se aproben e se designen canto antes.
GARDAS 24 HORAS PARA VIGO E A CORUÑA. Dende STAJ recordámoslle a DXX todo o alegado nos escritos e contactos mantidos ata o de agora por esta cuestión, que son eles o único obstáculo para la entrada en funcionamento deste servizo e que se ten unha débeda con Vigo e A Coruña, unímonos a solicitude sindical de reunión en Mesa Sectorial para tratar este tema que está atrancado por culpa da Xunta por non querer poñer os cartos cando tódolos informes son favorables.
SPEG: A DXX comprometeuse a manter unha reunión cos
responsables do SPEG para que nos chamamentos primen criterios comúns e os
principios informadores para o acceso á función pública como interino,
interesamos estar presentes nesa reunión.
COMISIÓNS DE SERVIZOS E SUBSTITUCIÓNS: A petición de STAJ, o Director Xeral comprometeuse que en breve nos convocará a unha Mesa para reformar as Substitucións e regular as Comisións de Servizo, incluso dixo que teñen o borrador rematado, a ver si é certo.