Na intranet de xustiza figura a seguinte
noticia:
Se non puideches realizar o curso Reforza o teu coñecemento sobre a Administración Xudicial Electrónica na quenda asignada ao teu órgano, podes matricularte na do xoves 10. Ese día contas cunha sesión introdutoria en liña coa titora do curso. Podes asistir á aula de benvida en calquera dos dous horarios dispoñibles: ás 9:30 ou ás 12:30.
Se tes dúbidas sobre como matricularte, no apartado Como me matriculo? aparece o proceso de automatriculación paso a paso.
Lembra que para realizar a
formación non é necesario que esteas conectada/o á rede da Xunta:
con estar conectada/o a Internet é suficiente.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras