martes, 15 de junio de 2021

Avaliación de riscos laborais nos edificios xudiciais de A Parda.

Dende que se inaugurou o novo edificio xudicial de Pontevedra non se fixo nunca ningunha avaliación de riscos laborais,  dende este sindicato, sabendo da obriga legal de tal avaliación inicial,  llo solicitamos en diversas acasións a Dirección Xeral, tanto nas reunións do Comité de Seguridade e Saúde como por escrito, para que  se realizase de xeito urxente, a última vez que llo pedimos foi a finais do pasado mes de abril.
Ver información publicada neste blog

Hai uns días recibimos o seguinte corrreo electrónico, incluíndose na avaliación  o edificio vello, pois xa pasou o prazo legal e tócalle facela de novo outra.

Informámoslles que ao abeiro do artigo 36.2 a) da Lei de prevención de riscos laborais e do Anexo II da Orde de 25 de marzo de 2009 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, poderán acompañar ao persoal técnico nas avaliacións de riscos de carácter preventivo do medio ambiente de traballo que o Servizo de Prevención de Riscos Laborais realizará no centro que de seguido se indica:
 
Edificio Xudicial de A Parda (novo)
Dirección: r/ Francisco Tomás y Valiente s/n
Días21 e 22 de xuño de 2021
Hora: 09:00 h.

Edificio Xudicial de A Parda
Dirección: r/ Francisco Tomás y Valiente s/n
Días28 e 29 de xuño de 2021
Hora: 09:00 h

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras