martes, 15 de junio de 2021

Substitucións entre titulares: novos avisos de desocupación

Saíu publicada na Intranet, con data do 15 de xuño do 2021 a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.

As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean es situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.

Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por períodos de longa duración.

Os/as interesados/as nas substitucións presentarán as súas solicitudes conforme a Resolucion DXX 15/06/2021 dispoñible nos modelos do correspondente apartado adicado ás substitucións entre titulares. No caso de que se solicite varias das prazas ofertadas, a orde de preferencia a ter en conta de corresponderlle máis dunha das prazas, será a que recollida na solicitude.

  

PRAZO DE SOLICITUDES: días 16, 17 e 18 de xuño

 

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras