miércoles, 28 de abril de 2021

STAJ reitera a solicitude de avaliación inicial de riscos laborais no novo edificio xudicial de A Parda de Pontevedra

Hai ano e medio que se ocupou o novo edificio xudicial de A Parda na cidade de Pontevedra sen realizar previamente a correspondente avaliación inicial de riscos, cousa que lle pediu STAJ en varis ocasións, tanto por escrito como oralmente nas reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral.

A realización dunha avaliación inicial de riscos laborais nos novos edificios administrativos e nos novos postos de traballo é unha obriga que se recolle na normativa en materia de prevención, obriga que compete a Administración empleadora, que non ten excusa para retrasala ou non realizala.

Solitamos unha vez maís que se leve a cabo, canto antes, a avaliación inicial de riscos laborais en cada un dos postos de traballo do novo edificio xudicial de A Parda en Pontevedra, e en consecuencia se identifiquen e analicen os riscos aos que se enfrentan os traballadores/as que desempeñan  o seu traballo nese edificio, e en base a ese analisis se dispoñan as medidas necesarias para atallalos ou eliminar os existentes que poidan causar daño a saúde dos funcionarios/as

Xustificante de presentación
 
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras