O pasado luns día 24 tivo lugar reunión da Comisión Paritaria de Persoal Interino, según
convocatoria na que os puntos máis destacables foron os seguintes:
- Criterio a adoptar en relación ao previsto na disposición adicional
primeira da orde en canto aos requisitos a exixir para a inclusión
na bolsa dunha persoa interina pertencente a una bolsa constituída noutra
comunidade autónoma ou xerencia
- Criterios na valoración das candidaturas remitidas polo SPEG.
Respecto do primeiro dos puntos, lembrade que a normativa
ofrece na súa Disposición adicional primeira a posibilidade de solicitar a
inclusión nunha bolsa de Galicia daquelas persoas que pertenzan ás bolsas doutra Comunidade Autónoma ou xerencia e fixen
o seu domicilio no territorio da Comunidade Autónoma galega. Esta posibilidade
sigue manténdose no borrador da reforma que se está a negociar.
O
debate de onte fixouse maioritariamente na determinación do momento no que se
debía ter cumplidos os requisitos que esixe a normativa galega para poder ser
incluida nela, habendo dúas posibilidades: unha posibilidade sería a data da
convocatoria das bolsas e a outra sería a data da solicitude de cambio de
bolsa. Ante a disparidade de criterios das centrales sindicales e da propia
administración, esta recolleu todas as alegacións dos sindicatos manifestando
que as analizaría e na próxima reunión (posiblemente o próximo xoves)
comunicaría a decisión, pero adiantando que valora mais axeitada a
determinación na data da convocatoria das bolsas.
Respecto
do segundo dos puntos da orde do día, tratáronse os seguintes temas:
Concretouse que a valoración
dos méritos aportados por cada un dos candidatos efectuarase según o disposto na Orde sobre
selección de persoal interino no seu artígo 10, no que se determina a puntuación
de cada apartado de méritos.
Acordouse
seguir actuando co criterio de interrumpir o proceso de selección de persoal a
través do SPEG se antes da sua finalización se poñía en disposición de ser
chamado un integrante das bolsas tanto de traballo como de reserva.
Desde
STAJ insistimos en que estos criterios deben ser únicos e idénticos en todas as
Xefaturas Territoriais Provinciais, que non se pode dar a situación de distinta
puntuación dos méritos aportados según a provincia que os bareme, pedíndolle a
DXX unha labor de coordinación para que esto non se produza e que se dispoñan criterios
análogos para utilizar en cada un
dos procesos de selección das catro delegacións de xustiza baseados na
legalidade e nos principios de acceso a función pública.
Outro
punto importante foi a forma en que se formulan as peticións ao Servizo Público de
Emprego desde as distintas Xefaturas Territoriais e o proceso que o SPEG fai
para seleccionar ao candidatos que finalmente remítelles a ditas Xefaturas.
Pola DXX infórmase que pola sua banda remiten as peticións seguindo o proceso
que lles marca o SPEG, que fan unha petición a cada unha das oficinas nas que xurde a necesidade porque non existe a posibilidade de facer unha petición
conxunta por provincia cando as prazas son de distintas localidades e que os
requisitos que piden son os de ter superado algún examen de oposición á Admon.
de Xustiza dende o ano 2008 ou ter unha experiencia na Admon. de Xustiza de
polo menos dous meses, que eles non interveñen en nada mais neste proceso, impoñéndose logo as normas propias do SPEG que eles non controlan.
Desde
STAJ insistimos en que a DXX debe esixir ao Servizo Público de Emprego que
teñan en conta non só aquelas solicitudes de persoas en situación de demanda de
emprego senon tamén aquelas que o estean como millora de emprego, así como que os
requisitos para o acceso deben ser únicamente a titulación necesaria para cada
corpo, entendendo que de pedir outros a maiores, se vulnera o principio de
igualdade no acesso a función pública. Igualmente que o número de candidatos
que se envíen polo SPEG sexa dun mínimo de cinco persoas por posto pero coa
posibilidade de remisión de todas aquelas persoas, sexa o número que sexa, que se vinculen coa oferta publicada na páxina de Emprego Público, entendendo que supón un esforzo polas Xefaturas
territoriais no proceso de baremación dos méritos pero que se trata dun esforzo
necesario para garantizarlle a calquera a posibilidade de acceder a un posto
nesta administración. Tamén reiteramos a necesidade de formación dos candidatos
seleccionados, que consideramos esencial en certos casos, formación que
corresponde a Administración e na que se debe invertir o esforzo necesario para
garantir que os chamamentos de persoal polo SPEG son plenamente operativos dende o primerio momento.
Pedímoslle
a DXX que exixa ao Servicio Público de Emprego que remate coa ausencia, case
total, de transparencia e publicación de normativa interna aplicable o trámite
que se realiza no SPEG para a preselección dos aspirantes, exixíndolle métodos
e criterios de preselección acordes cos principios de igualadade, mérito,
capacidade e legalidade e por suposto transparencia e publicidade dos mesmos.
Detectamos situacións de seleccións difícimente comprensibles e no que impera
unha falta de transparencia que non podemos permitir, con decisións distintas según a oficina da localidade na que se faga a selección, polo que dende STAJ
incidimos en que a transparencia e o equilibrio é o primeiro que debe primar nos
procesos selectivos públicos.
Esperamos que o xoves da semana que ven, a Dirección Xeral, nos concrete si se van a acometer cambios na liña que STAJ lle pediu, tanto na parte que lle compete e Xustiza como na parte do SPEG, ou seguen actuando cun procedemento de selección que vulnera dereitos e crea discriminación.