miércoles, 28 de enero de 2026

Libre designación corpo de tramitación en Pontevedra: convocatoria en DOG e BOE

Hoxe publícase no DOG e no BOE  a convocatoria  dunha praza de tramitación por libre designación para asistir á presidencia da Audiencia Provincial de Pontevedra. A RPT está incluida dentro das prazas de libre designación da Secretaría de Goberno con posto deslocalizado en Pontevedra.


Pode ser solicitado por persoal funcionario de carreira pertencente ao corpo de tramitación procesual e administrativa, calquera que sexa a súa situación administrativa, excepto persoas que estén suspendidas de cargo, situación voluntaria por interese particular e as sancionadas con traslado forzoso.

As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes segundo o anexo II, nas cales farán constar os seus datos persoais, o posto de traballo actual e mais o posto ao cal aspiran.

Prazo: 5 días hábiles dende o día seguinte á publicación desta convocatoria no BOE (do 29 de xaneiro ao 4 de febreiro)

As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e presentaranse por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o procedemento xenérico PR004A e achegando o anexo II coa solicitude.

Canda a solicitude deberá achegarse un currículo e a documentación acreditativa dos méritos alegados para o posto solicitado.

Igualmente, xuntarase á instancia unha memoria asinada na cal, nunha extensión non superior aos cinco (5) folios, o/a candidato/a realizará unha análise das tarefas do posto solicitado e das condicións e dos medios necesarios para o seu desempeño, facendo constar, así mesmo, propostas de mellora no desenvolvemento das funcións e todas aqueloutras cuestións que o/a aspirante considere de interese ou importancia, con base na descrición das funcións do posto.

A Dirección Xeral de Xustiza ou o/a secretario/a de Goberno poderán realizarlles unha entrevista persoal ás persoas interesadas.

A persoa designada poderá ser cesada con carácter discrecional pola mesma autoridade que a nomeou.

Tamén poderá renunciar ao devandito posto de traballo mediante solicitude razoada na cal fará constar os motivos profesionais ou persoais para esta renuncia, sempre que desempeñase o citado posto polo menos durante un ano.

O persoal funcionario que sexa nomeado con carácter definitivo nun posto de libre designación, cando cese no dito cargo será adscrito provisionalmente a unha praza vacante xenérica na localidade onde estaba a prestar servizos, e deberá participar no primeiro concurso de traslados en que se oferten prazas na dita localidade. Neste concurso gozará de preferencia para ocupar as vacantes de carácter xenérico da mesma localidade onde estaba a prestar servizos cando se produciu o seu cesamento.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras