Hoxe publícase no DOG a ORDE do 23 de xaneiro de 2026 pola que se ditan as instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2026.
Destacamos as seguintes:
1. No anexo XIX desta orde recóllense as contías das retribucións e dos complementos recoñecidos para o persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
2. Neste ano, ao incremento salarial do 2,5% do ano 2025, temos que engadir un 1,5% o que da un total do 4% neste 2026.
3. O persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza que teña recoñecido o complemento adicional da traxectoria profesional previsto nos acordos do Consello da Xunta do 25 de xuño de 2020, do 3 de novembro de 2022, do 8 de febreiro de 2024 e do 29 de decembro de 2025 percibirá os importes previstos no anexo XIX bis, en doce pagas de percepción mensual.
No referente ao grao III de auxilios e tramitadores, así como para o grao I e II dos tres corpos que se recoñezan neste ano 2026, o pagamento do complemento recoñecido producirase de maneira progresiva en tres anualidades; para o ano 2026, o pagamento producirase aplicando unha porcentaxe do 70 % (35% do ano 2025 máis outro 35% do ano 2026, cobrando o 100% no ano 2027).
No referente aos xestores e médicos forenses que se lles recoñeza o grao III este ano, a porcentaxe será dun 35% para este 2026 (finalizarán de cobrar o grao no ano 2028).
A aqueles funcionarios (dos tres corpos) que no ano 2024 se lles recoñeceu o grao I ou II, nesta nómina de xaneiro ten que pagarselles o 100% do grao.
4. No referente ao complento específico, por acordo de STAJ e outras OO.SS coa DXX, teremos un incremento de 225 euros a pagar en tres anualidades, correspondendo neste 2026 a unha suba de 90 euros.
Ver DOG
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras