martes, 27 de enero de 2026

Nova concesión de máquinas expendedoras nas sedes xudiciais

A DXX infórmanos que a Xunta de Galicia está licitando a Concesión de servizos para instalación, mantemento, xestión e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes e máquinas expendedoras mixtas con bebidas frías e produtos sólidos nos órganos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia (4 lotes).

Esta licitación ten por obxecto chegar a un maior número de unidades xudiciais para atender a demanda de todo o persoal que traballa nos edificios, así como das súas persoas usuarias.

Está previsto que as actuais máquinas expendedoras sitas nalgúns dos edificios xudiciais da Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo se comecen a retirar a partires do 01.02.2026.

Estas máquinas serán substituídas polas novas máquinas expendedoras no momento que comece a execución da nova concesión.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras