miércoles, 26 de mayo de 2021

EGAP: xornadas de formación de práctica dixital (e-martes)

No DOG de hoxe publícase a convocatoria das xornadas de práctica dixital e-martes que terán lugar os vindeiros martes,  1 e 15 de xuño de 2021 cos seguintes contidos

 - Grupo de persoal empregado público: sede electrónica da Xunta de Galicia. Chave365. Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro: intranet (espazo dixital de referencia para o persoal da Administración autonómica), Aires (aplicación informática de rexistro de entradas e saídas), Rexel (Recepción electrónica do Sistema único de rexistro) e SIR. Copia auténtica e notificación por comparecencia.

 – Grupo de cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Chave365. Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro: eServizos, servizos nas oficinas e Sistema de interconexión de rexistros (SIR).

 O número de prazas convocadas é de 16 para o persoal empregado público e 13 para a cidadanía. 

As xornadas son presenciais e impartiranse na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela en horario de mañá e tarde e cunha duración de 6 horas lectivas cada xornada. 

A matrícula realizarase na Area de matrícula da EGAP nos seguintes prazos: 

As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área na que están integradas estas actividades (Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa) e despois seleccionar en «nome do curso» a xornada na que desexen matricularse: 

• Xornada E-martes de formación práctica dixital: Rexistro electrónico, 1 de xuño.

• Xornada E-martes de formación práctica dixital: Rexistro electrónico, 15 de xuño.

Os prazos para a inscrición nestas actividades serán os seguintes: 

• Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 1 de xuño: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 14.00 horas do día 28 de maio de 2021.

• Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 15 de xuño: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 14.00 horas do día 9 de xuño de 2021.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras