STAJ reitera novamente á Dirección Xeral de Xustiza, que se dote de funcionarios de reforzo, tanto do corpo de tramitación como de auxilio para o Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 1 de Viveiro.
A vista do seguemento acordado polo Consello Xeral do Poder Xudicial ao Xulgado de 1ª instancia e instrucción nº 1 de Viveiro, e que según o referido Consello informou nunha inspección, que o referido xulgado "soporta unha carga de traballo notablemente superior" á que pode asumir cos recursos humans dos que dispón, e que son carencias que afectan tanto ós cidadans coma ós traballadores de xustiza que alí traballan.
Polo exposto reiteramos a petición realizada no escrito do día 19-04-2021 (ver solicitude) no que se solicitaba con carácter urxente un funcionario/a de reforzó do corpo de tramitración procesual e administrativa, e ao mesmo tempo solicitamos tamen un funcionario/a de reforzo de auxilio xudicial, xa que agora o xulgado dispón dunha segunda sala de videoconferencias, con que supón unha maior carga de traballo.