viernes, 30 de abril de 2021

STAJ reitera as solicitudes de convocatoria urxente de Mesas de negociación para acabar coa parálise na negociación de asuntos esenciais

STAJ reitera as solicitudes de convocatoria urxente de Mesas Sectoriais a fin de negociación das normativas expecíficas relativas a:  Substitucións; regulación das Comisións de Servizo; Horario e Xornada Laboral; Vacacións, Permisos e Licenzas; quendas de Auxilios por atribución de funcións en xulgado distinto ao do seu destino; e regulación específica das prolongacións de xornada.

Dende STAJ remitimos escrito á Dirección Xeral de Xustiza a fin de reiterar os anteriores presentados solicitando convocatoria de Mesas Sectoriais, e acabar coa parálise na negociación de asuntos que estaban enriba da mesa fai maís de dous anos sobre temas que consideramos esenciais e seguen pendentes de necogiación, algunos, como a regulación das Sustitucións e as Comisiones de Servicio  empezaron a afrontarse no ano 2017 pero logo quedaron estancados,  e outros como o Horario e Xornada Laboral e normativa sobre Vacacións permisos e Licenzas, que están regulados por unha normativa tan antiga que necesita unha actualización na que se inclúan as pequenas modificacións realizadas co paso dos anos e as instrucións da Dirección Xeral que non están reflectidas no corpo da normativa nin en modificacións posteriores, e outras como o mecanismo de atribución de funcións a través do sistema de quendas necesita ser abordado para adaptalo a realidade da súa practica, e a tan ansiada regulación específica sobre as prolongacións de xornada que levamos solicitando fai tempo sen que nunca se convocara mesa sectorial para elo.

Respecto das Subsitucións, é necesario retomar as negociacións iniciadas e aplazadas fai anos a fin de finalizar a súa modificación e actualización íntegra, sen utilizar o instrumento de pequeñas reformas como as realizadas recentemente. Mesmo temos pendente, dende fai meses, modificación do requisito de levar un mínimo de seis meses continuados no posto de traballo desde o cal participase na convocatoria, consideramos necesario a eliminación tanto para o suposto daqueles que optan a sustitución dentro da mesma unidade como para o persoal que non cumpre os seis meses por razóns non imputable a sua responsabilidade. Este requisito convertiuse nos últimos meses nun verdadeiro obstáculo no proceso de cobertura das prazas vacantes por medio de sustitucións, chegando mesmo a quedar sen cubrir moitas delas por non existir candidatos que cumpran este requisito por motivos alleos á sua vontade. Co fin de poñer freo a esta situación é necesario retomar inmediatamente a negociación da reforma da normativa de substitucións sen mais demoras innecesarias.

Doutra banda, consideramos urxente retomar a regulación das Comisión de Servizo, a fin de dotar a Admon. de Xustiza en Galicia dunha norma que regule a cobertura mediante este sistema de todas as prazas vacantes que son propias das comisións e que a día de hoxe estanse cubrindo por otros sistemas. Na actualidade sóamente sácanse a cobertura mediante Comisión de Servizo as prazas de nova creación, ben sexa en xulgados novos ou en xulgados xa existentes nos que se aumente a plantilla. Con todo, as prazas vacantes que a LOPX considera susceptibles de cobertura por este sistema teñen base en moitas mais causas e mentres non se finalice coa negociación da regulación específica non se dará unha resposta xusta e adecuada. 


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras