Remitimos escrito a Dirección Xeral de Xustiza con esta literalidade:
No punto 1 do Acordo de 23 de maio de 2018 que pon fin a folga na Administración de Xustiza de Galicia, con respecto a actualización anual dos importes fixados no mesmo para o CAT e o CE, disponse o seguinte:
Estes complementos serán revisados anualmente no terceiro
trimestre de cada ano, para os efectos de que a modificación se poida incluír
na lei de orzamentos de cada ano, coa finalidade de garantir que os
traballadores da Administración de xustiza de Galicia manteñan unha posición
por riba da media dos ámbitos territoriais con competencia en materia de
xustiza, no que aos complementos retributivos de determinación autonómica se
refire.
Según esta cláusula, antes do mes de outubro do ano pasado esa Dirección Xeral tiña que revisar a alza as cantidades percibidas no Complememto Autonómico Transitorio (CAT) e o Complemento Especifico (CE) para manternos por riba da media dos ámbitos territoriais con competencia en materia de xustiza( territorio Ministerio e 12 CCAA màis) e así poder incluirse esa suba nos orzamentos deste ano, para empezala a cobrar dende este xaneiro pasado, pero nin o Director Xeral de Xustiza, nin o Director Xeral de Función Pública nin ninguén da Xunta moveu un dedo para cumplir coa, agora, súa propia normativa. Lembrámoslles que as cantidades de actualización deben ser, no seu caso, anuais e teñen carácter consolidable no CAT e no CE para toda vixencia de ámbolos complememtos e para toda a vida laboral dos funcionarios/as da Administración de Xustiza en Galicia.
Xa sabíamos dende o principio que os Xestores/as, ainda que noutras CCAA non lle aumentaran nada a ese Corpo en concreto, non ían a acadar ese posto por riba da media nunca, si non se subía a súas retribucións mediante esta cláusula, pero ademais tamén nos consta que dende entón houbo territorios onde aumentaron as cantidades do CAT e o CE aos catro corpos (Médicos Forense, Xestores, Tramitadores e Auxilio), o que pode supor que, non solo os xestores, estén cobrando neste momento cantidades por baixo do establecido, tendo a abriga a Dirección Xeral de Xustiza de actualizar as cantidades correspondentes e manternos por iba da posición media, e decir a sexta posición, cousa que seis meses despois do señalado na norma non fixo, e parece non querer facerse.
Aínda que, como todo o mundo sabe, este sindicato non asinou este acordo entre outras cousas por negociarse e xestarse as agochadas, en contra do parecer maioritario dos compañeiros e do resto de sindicatos e incurrindo na deslealtade máis absoluta aos traballadores/as, STAJ como representantes dos mesmos sí temos lexitimidade para exixir o súa completa efectividade, porque ese acordo foi aprobado polo Consello da Xunta pasando a ter carácter de norma aplicable e obrigatoria para a Xunta, porque afecta a todo o colectivo ao que defendemos e tamén porque foi asinado exclusivamente tralo esforzo, o sacrificio e as presións de tódolos/as funcionarios/as que participaron na folga, non imos permitir, despois de tanto sufrimento, que a Xunta intencionadamente non cumpra.
STAJ solicita a esa Dirección Xeral que se cumpra a chamada “cláusula de revisión”, e polo tanto se lle aumenten, nas cantidades correspondentes, o CAT e o CE a tódolos traballadores/as da Admón de Xustiza de Galicia que puideran estar afectados (M. Forenses- Xestores- Tramitadores- Auxilios), para que estean por riba da posición media dos ambitos territoriais con competencias en materia de xustiza, tal como di esa cláusula da norma enamada do propio Consello da Xunta de Galicia, cumprimento e actualizaión que, no seu caso, se debe facer anualmente e consolidarse para todoa a vida laboral do funcionario/a.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras