No DOG e no BOE de hoxe publícase a resolución do 18 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de postos de traballo xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia, no corpo de médicos forenses.
Presentación de solicitudes e documentación:
1. As solicitudes para tomar parte neste concurso deberán axustarse ao modelo publicado como anexo II desta resolución; deberanse cubrir todas as epígrafes que se exixan.
2. As solicitudes deberán presentarse no prazo dos dez días hábiles seguintes ao da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial del Estado ou Diario Oficial de Galicia simultaneamente e dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza de Galicia.
As solicitudes presentaranse unicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A ou do Rexistro Electrónico da Administración xeral do Estado (https://reg.redsara.es), e será imprescindible a acreditación por medio de certificado electrónico (DNI-e ou certificado da FNMT), sen prexuízo do establecido nesta base.