Esta
norma modifica tanto o artigo
60 da Lei Xeral de Seguridade Social, como
a Disposición
Adicional 18ª da Lei de Clases
Pasivas do Estado, creando un novo complemento ás pensións, o complemento
para reducila brecha de xénero, que substitúe ao anterior
complemento por maternidade. Non só cambia o nome, senón a súa estrutura,
contía e o sistema de recoñecemento, e que a modo de esquema
pasamos a expoñer:
|
COMPLEMENTO PARA REDUCILA BRECHA DE XÉNERO. (comparativa entre
a anterior e a nova disposición) |
|
|
Lei 48/2015
do 29 de outubro de PXE para o ano 2016 Disposición Final primeira. |
|
||
· A
partires do 1 de Xaneiro de 2016. · Mulleres beneficiarias dunha pensión de xubilación ou retiro forzoso ou por incapacidade/inutilidade permanente que tiveran fillos naturais ou adoptados. · Porcentaxe nº de fillos nacidos ou adoptados con anterioridade á pensión: - 3 Fillos: 10%. - 4 ou + Fillos: 15% · Vixencia:Indeterminada |
Para o exercicio 2021 : · Que sexan beneficiarias dunha pensión contributiva de xubilación, de incapacidade permanente o de viudeade, terán dereito a un complemento por cada fill@. · No caso de que ningún proxenitor vexa danada a súa vida laboral, aboarase á nai. · Concederase ao varón si a pensión que xenera é de: - viudedade (por falecer a muller e existe pensión de
orfandade). - Xubilación ou incapacidade e xustifique sufrir unha
redución ou cese de cotizacións no período previo/posterior ao nacemento do
menor ou resolución de adopción. · Cada fill@ dará dereito únicamente ao recoñecemento dun complemento. · O dereito ao complemento, así como a súa cuantía, só se computarán os fill@s que con anterioridade ao feito causante da pensión correspondente naceran con vida ou foran adoitados. Acceso a este complemento: - Aqueles se xubilen de forma
anticipada voluntariamente (non na xubilación parcial): - Réxime Xeral: Si. - Clases Pasivas: No. - Aqueles que estiveran a percibir a
antiga regulación manterán o seu percibo, incompatible coa actual, pudendo
optar entre un ou outro. - Pai/nai privado da patria potestad
por sentencia fundada. - Pai condeado por violencia contra a
muller. - Nin o pai/nai condeado por exercer
violencia contra os fillos. - Vinculase á consecución do obxetivo de reducila brecha de xénero nas pensións contributivas de xubilación por debaixo do 5%. |
Trátase de incluír
aos homes e a outros tipos de parellas, así si é unha familia de dúas mulleres
ou dous homes, concederáselle a aquel@s cuxa pensión pública sexa de contía
inferior, en ningún caso é posible para ámbolos proxenitores.
Pero baixo este
título enganoso, escondese realmente un importante recorte ao complemento ás pensións
das mulleres que tiveran dous ou máis fillos ao longo da súa vida, interésalle
que os funcionarios encadrados no Réxime de Clases Pasivas se xubilen canto
antes porque desa maneira substitúen a un funcionario maior de Clases Pasivas,
por un funcionario xoven encadrado no Réxime Xeral da Seguridade Social e
cotizando á caixa da Seguridade Social, que é onde queren que se ingresen as
cotizacións sociais, para financiar esa caixa da Seguridade Social.
Ademais, temos que lembrar que as pensións de Clases
Pasivas non saen da caixa da Seguridade Social, senón que existe unha partida orzamentaria
dos Presupostos Xerais do Estado. (A raíz do traspaso da xestión da xubilación
de Clases Pasivas á Seguridade Social o que fai a Tesoureira Xeral da Seguridade
Social é un pago delegado da contía da pensión, pero o diñeiro sae dos PXE e Facenda
fai esa transferencia á Tesoureira Xeral da Seguridade Social).
Ata o de agora, o complemento ás pensións
contributivas e de clases pasivas por este concepto consistía nun 5% do importe
total da pensión que tivera recoñecida a muller, por cada fillo a partir do
segundo, con un máximo dun 15%.
A partir de agora, ese complemento será dunha
cantidade lineal por cada fillo, ata un máximo de catro fillos. Para o exercicio
2021, esa cantidade mensual por fillo é de 27 euros/mes.
Por elo, as mulleres as cales se lle recoñeza
pensión a partir de agora por importe de más de 1.080 euros brutos mensuais,
que tiveran dous ou máis fillos, terán un complemento inferior ao que se lles recoñecía
ata agora.
Por exemplo, unha muller que ten recoñecida unha
pensión de 1.300 euros brutos ao mes, coa anterior regulación:
· con dous fillos, tería dereito a percibir, un complemento de 65
euros/mes.
· Si tivese 3 fillos, tería dereito a un complemento de 130 euros/mes.
· 4 fillos, el complemento sería de 195 euros mensuais.
En cambio, coa nova regulación:
· Só terá dereito a un complemento de 54 euros si tivera dous fillos.
· Tres fillos: 81 euros.
· Catro fillos: 108 euros.
O recorte afecta
tamén as pensións baixas, si se tiveron máis de tres fillos. Por exemplo
poñamos unha pensión de 820 euros mensuais, coa regulación anterior
percibiríase un complemento de 123 euros si se tiveran catro fillos, mentres
que coa nova regulación quedarase en só 108 euros mensuais.
En familias
numerosas de máis de catro fillos, antes da reforma canto máis alta fose
a pensión, o complemento ao que se tiña dereito era maior. A partir de agora,
o importe da pensión é irrelevante ao tratarse dunha cantidade lineal, supón un importante recorte a maioría das
pensións contributivas que se recoñezan a partir de agora, cuxas contías son xeralmente
superiores aos 1.080 euros brutos mensuais.
Pero non todo é
negativo, si é certo, que as nais cun só fillo a quen se lle recoñeza unha
pensión a partir de agora percibirán un complemento de 27 euros/mes, cousa que
coa anterior regulación non se estipulaba e ademais as pensións por debaixo desa
contía si se verán mellorado o importe do complemento se teñen menos de tres
fillos. Ademais as mulleres que xa tiñan recoñecido o complemento o manteñen.
A continuidade do
complemento non está garantida xa que a propia norma encargase de dicir que o
complemento se manterase mentres se manteña a brecha de xénero.
En definitiva, cremos
que se trata de un verdadeiro recorte ás pensións das mulleres traballadoras,
por máis que se queira vender como unha medida para a “redución da brecha de xénero”.