viernes, 12 de febrero de 2021

Instrucción para ceses e tomas de posesión no concurso de traslados

HOXE PUBLíCANSE NA INTRANET E NA WEB DA CONSELLERIA AS INSTRUCCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA DE CESES E TOMAS DE POSESIÓN PARA PERSOAL QUE OBTIVO PRAZA EN GALICIA NO CONCURSO DE TRASLADOS.

1.- Ceses

O persoal funcionario titular que obtivo praza no concurso cesará no seu anterior destino definitivo e máis no destino que, no seu caso, ocupe en substitución ou comisión de servizos nas seguintes datas:

Tramitación Procesual e Administrativa: o 22/02/2021.

Xestión Procesual e Administrativa e Auxilio xudicial: o 26/02/2021.

 2.- Tomas de posesión

O persoal adxudicatario de prazas na mesma localidade onde prestan servizos disporán de 3 días hábiles para a súa incorporación ao novo destino, de 8 días hábiles se hai cambio de localidade, e de 20 días hábiles ou un mes segundo a comunidade de procedencia.

Os prazos empezan a contar dende o día hábil seguinte á data do cese.

No caso de que un funcionario reingresado tome posesión antes das datas indicadas na resolución pola que se resolve o concurso de traslados na praza doutro funcionario en activo que tamén obtivese destino no concurso, este segundo cesará o mesmo día da toma de posesión do reingresado, empezando a contarlle o seu respectivo prazo posesorio.

 3.- Formalización dos ceses e tomas de posesión

Por cuestións sanitarias e organizativas, tanto os ceses como as tomas de posesión realizaranse preferentemente de xeito telemático, a través do correo electrónico do Servizo de Xustiza da Xefatura ou Delegación territorial correspondente, para o que a persoa interesada poñerase en contacto co servizo de xustiza da provincia competente para tramitar o cese ou a toma de posesión a través do correo electrónico.

 

Xefatura Territorial da Coruña (Servizo de Xustiza)

Rúa Vicente Ferrer, 2. Edificio Administrativo Monelos.

15008 A Coruña 15008 A Coruña

Tfno. 981 184 472/981 184 456 Tfno. 981 184 472/981 184 456

Correo electrónico: Correo electrónico: servizo.xustiza.coruna@xunta.gal

 

Xefatura Territorial de Lugo (Servizo de Xustiza)

Rolda da Muralla, nº 70.

27071 Lugo

Tfno. 982 294 308/982 294 360

Correo electrónico: persoal.presidencia.lugo@xunta.gal

 

Xefatura Territorial de Ourense (Servizo de Xustiza)

Paseo da Habana, nº 79, 1º

32004 Ourense

Tfno. 988 386 408/988 386 028

Correo electrónico: sxsal.xustiza.ourense@xunta.gal

 

Delegación Territorial de Vigo (Servizo de Xustiza)

Rúa Concepción Arenal, nº 8, 4º andar

36201 Vigo (Pontevedra)

Tfno. 986 817 716/986 817 788

Correo electrónico: servizoxustiza.vi@xunta.gal

- Respecto ao trámite da toma de posesión, no dito correo deberá indicar a data na que ten previsto tomar posesión no novo destino, co seguinte formato:

DNI:

Apelidos e Nome:

Corpo:

Novo destino:

Data prevista da toma de posesión:

Teléfono de contacto:

Enderezo electrónico de contacto:

- O servizo de persoal remitiralle por correo electrónico 1 exemplar do modelo de cese ou toma de posesión, que deberá asinar, remitíndoo escaneado de forma inmediata ao correo electrónico de dito servizo. O documento orixinal (que se debe integrar no seu expediente persoal), xunto coa posible documentación que deba achegar o funcionario, deberá remitilo por correo ordinario ao enderezo da xefatura ou delegación territorial que se indica neste punto.

Para aqueles casos en que non sexa posible a tramitación a través de correo electrónico e teña que realizarse presencialmente, a persoa interesada deberá solicitar cita previa a través do correo electrónico do Servizo de Xustiza da Xefatura ou Delegación territorial correspondente.

4.- Substitucións e comisións de servizo

O persoal funcionario titular que obtivo praza no concurso e está a desempeñar unha substitución ou comisión de servizos cesará nestas, na mesma data do cese no seu posto definitivo de orixe.

O persoal funcionario titular que non obtivo praza no concurso e que está desempeñando unha substitución ou comisión de servizos en órganos desta comunidade autónoma nunha praza que non foi adxudicada no concurso, poderá continuar na substitución ou comisión de servizos. Así mesmo, poderá continuar na substitución ou comisión de servizos no caso de que a praza fose adxudicada pero o seu titular non se incorpore efectivamente, en tanto dure a dita situación.

5.- Persoal interino

O persoal funcionario interino que ocupe unha praza que fose adxudicada no concurso cesará, de conformidade cos criterios previstos no artigo 21 da Orde do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Se houbese máis dunha persoa funcionaria interina no mesmo órgano, o cese producirase aplicando os criterios de cese fixados no mesmo artigo.

6.- Desfrute de vacacións, permisos e licenzas

O persoal que obtivese praza no concurso e se atope desfrutando de vacacións, permisos ou licenzas cesarán trala súa finalización con efectos do primeiro día natural tras o seu desfrute. Así mesmo, aqueles funcionarios que tivesen concedido un permiso ou licenza pendente de desfrutar, deberán solicitalo no novo destino. O persoal que obtivese praza no concurso e se atope desfrutando de vacacións, permisos ou licenzas cesarán trala súa finalización con efectos do primeiro día natural tras o seu desfrute. Así mesmo, aqueles funcionarios que tivesen concedido un permiso ou licenza pendente de desfrutar, deberán solicitalo no novo destino.

7.- Documentación e trámites necesarios 7.- Documentación e trámites necesarios

1) Persoal procedente de fóra da comunidade autónoma de Galicia

O día seguinte ao cesamento no destino de orixe, deberán achegar ao servizo de persoal da Xefatura territorial que corresponda, mediante correo electrónico, a seguinte documentación:

Fotocopia do DNI

Cese

Certificado ou copia dos trienios recoñecidos.

Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios)

Fotocopia da tarxeta sanitaria onde conste o nº de afiliación da Seguridade Social (unicamente para ingresos posteriores ao 01/01/2011) e fotocopia da tarxeta de MUGEJU.

Certificación das vacacións e días de asuntos particulares gozados na Administración da que procedan, A certificación deberá de indicar os días de vacacións e asuntos particulares correspondentes a 2020 que, no seu caso, estean pendentes de desfrutar por razóns xustificadas.

Modelo 145 (IRPF).

 2) Persoal con destino na comunidade autónoma de Galicia

 Fotocopia do DNI

Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios)

 3) Persoal que obtén destino fóra da comunidade autónoma de Galicia

O persoal que obteña un novo destino fóra da comunidade autónoma de Galicia, no momento de formalización do cesamento, deberá facer entrega da tarxeta de identificación persoal e control horario.

Tamén deberá facer entrega desta no caso de non ter que formalizar cesamento algún por reingresar fóra da comunidade autónoma nun corpo distinto de que estaba a prestar servizos. Así mesmo, no caso de contar coa tarxeta de identificación especial por razón do destino que viña desempeñando, deberá devolvela ao servizo de persoal correspondente

Instrucción de ceses e tomas de posesión 


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras