Dende STAJ cremos necesaria a inclusión de determinado persoal ao servizo da Administración de Xustiza nos grupos prioritarios de vacinación da COVID19, en concreto, que os Corpos de Médicos Forenses e o persoal laboral da categoría profesional de Auxiliar de Autopsia que tanto polos recoñecementos médicos e levantamentos de cadáver como pola realización ou intervención na práctica de autopsias en ambos os casos poden supoñer contactos directos con persoas contaxiadas sexa equiparado ao grupo 2 (Persoal sanitario de primeira liña) segundo a orde de priorización establecido na Estratexia de Vacinación fronte a COVID-19 en España.
Así mesmo, o persoal
destinado en órganos xudiciais que realicen funcións de garda tanto de permanencia
como de dispoñibilidade, persoal dos distintos SCACE e demais que sae das sedes xudiciais a realizar actos de comunicación a domicilios particulares e empresas, os destinados nas distintas oficinas do Rexistro Civil e nas de Atención as Vítimas e ao Cidadan, nos xulgados de Paz, así como os destinados nas distintas sedes dos Institutos de Medicinal Legal que, polas súas funcións e contacto con multitude de cidadáns, atópase exposto a un risco moi alto de contaxio por coronavirus, sexan equiparados ao grupo 3 na orde de priorización na dispensación de vacinas.
Por todo iso,
solicitamos que pola Dirección Xeral de Xustiza se realicen as xestións pertinentes ante a Conselleria de Sanidade e o Sergas para a inclusión dos colectivos relacionados anteriormente nos Grupos 2 e Grupo 3 dos establecidos como prioritarios na Estratexia de Vacinación fronte a COVID-19 en Galicia.