Os Delegados de STAJ Galicia continuarán visitando os vosos centros de traballo para poder recoller as vosas sinaturas, e pasaremos as veces necesarias para que poidan asinar os compañeiros/as ausentes en ocasións anteriores. O STAJ é o único sindicato de xustiza a nivel nacional e autonómico que recolle sinaturas, para que esta iniciativa prospere no Congreso e se remate coa discriminación dos xubilados de clases pasivas.
Esta Iniciativa Lexislativa Popular para conseguir a eliminación da desigualdade que
padece o noso colectivo de pensionistas de MUGEJU na normativa vixente que ao
acceder á xubilación, con independencia da contía da pensión ou da súa
capacidade adquisitiva (lembremos que afecta mesmo o caso das reducidas
pensións de viuvez), seguen pagando o 30% dos medicamentos sen limitación algunha, a diferenza dos
pensionistas doutros réximes da SS que ao xubilarse pagan unha contía máxima
mensual, en función dos seus ingresos, contía moi asumible e que ronda entre os 8 e os 30 euros de media.
Este agravio comparativo,
que se fai máis dramático no caso das rendas máis baixas, limita e cerra o
acceso á prestación farmacéutica por parte dos pensionistas de MUGEJU e os seus
beneficiarios, en contra dos principios constitucionais de igualdade e
equidade, en concordancia co seu artigo 43 que consagra o dereito de todos os
cidadáns á protección da saúde.
Quen
forma parte desta iniciativa?
Trátase do traballo conxunto e coordinado de máis de 40 asociacións profesionais e sindicatos da Función Pública, con representación en xustiza solo está STAJ e outro sindicato que declinou a recollida de sinaturas, que nun número mínimo de 500.000 resultan determinante para que a ILP se teña en consideración no Congreso.
STAJ une forzas e participa activamente para conseguir rematar cunha situación inxusta que afecta con maior gravidade aos máis débiles do noso colectivo de pensionistas de MUFACE, ISFAS e MUGEJU, sumándonos á ILP presentada inicialmente pola Asociación de xubilados da Policía Nacional de España, (AJPNE) e a Asociación de Retirados asociados da Garda Civil de España (RAGCE), incluindose nun trámite posterior as clases pasivas da MUGEJU.