Na Lei 11/2020, do 30 de
decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2021, no seu capítulo I,
artigo 18, establécese que as retribucións do persoal ao servizo do sector
público experimentarán un incremento do 0,9% respecto dos vixentes ao 31 de
decembro de 2020. Este incremento aplícase a todos os conceptos salariais,
tanto retribucións fixas como complementarias.
De igual forma, no mesmo
capítulo I, artigo 35, establece a revalorización das pensións abonadas polo
sistema da Seguridade Social, así como de Clases Pasivas, que se revalorizarán
en 2021 con carácter xeral un 0,9%.
Pola súa banda, o artigo 120
establece que a contía das cotizacións sociais (MUGEJU e Clases Pasivas) que
nos descontan da nómina, increméntanse tamén un 0,9%. É dicir, o importe da
cota de dereitos pasivos (xubilación) e o importe da cota correspondente a
MUGEJU, increméntase nun 0,9%.