Debido
á gravísima situación sanitaria de
Galicia, onde a segunda onda da pandemia está a causar numerosos brotes
e contaxios masivos en toda a Comunidade Autónoma, establecéndose o peche perimetral de varias
cidades e localidades galegas, reiteramos a solicitude de convocatoria urxente do Comité de Seguridade e Saúde para establecer medidas
fronte ao Covid-19 que reduzan e
preveñan a súa expansión dentro da Administración de Xustiza.
-Reiteramos a nosa petición de establecer un Protocolo para asegurar unha adecuada ventilación e medición da calidade do aire nos interiores, tanto para oficinas con ventilación natural como para oficinas con ventilación mecánica. Neste sentido tamén solicitamos medidores de aire CO2 para asegurar a súa calidade naqueles edificios intelixentes (Ourense, A Coruña, Pontevedra, etc). Nos edificios con ventilación natural debe garantirse a ventilación integral pola tarde, fora do horario de traballo por mor do frio, debendo encargarse unha persoa dese cometido en tódalas sede xudciciais de Galicia.
-A actualidade vírica según se mostra nos datos que se están facilitando por parte da Conselleria de Sanidade indican que imos a ir a un probable confinamento, por iso e razonable utilizar o TELETRABALLO para todos os funcionarios e especialmente para casos de confinamento ou aillamento, calquera que sexa o seu orixe, polo que é necesaria unha regulación formal e especifica desta modalidade de traballo de xeito definitivo.
-Así mesmo é necesario que se estableza un Protocolo Covid-19 común para todos os órganos xudiciais galegos, debendo pecharse calquera oficina xudicial onde se produza un positivo, illando aos compañeiros/as ata que se lles realicen as PCRs oportunas e descartando así un contaxio maior. A desinfección e ventilación dos xulgados onde se detecta un positivo debe garantirse ao máximo, debendo de precintarse o órgano xudicial afectado para realizar estas tarefas no mesmo momento que se coñece un positivo.
-É
necesario que se extreme a limpeza, desinfección
e ventilación durante e ao finalizar
a xornada laboral, debendo estender o seu labor aos rexistros civís,
decanatos e resto de oficinas con atención directa ao público, e non só
centrándose na limpeza das salas de vistas, solicitando que se amplíe a
prestación deste servizo por parte da empresa de limpeza (Clece).
-A DXX debe garantir o abastecemento suficiente de EPIs en todos os órganos xudiciais de Galicia, dotando de máscaras FFP2 ao persoal do SCNE, persoal das Vilas que saen a notificar, xulgados de paz, rexistro civil, decanatos e oficinas de rexistro e reparto, Imelgas, persoal de atención a vítima e ao cidadán, e persoal de auxilio que faga sala ou se movan por todos os edificios, así como para as persoas vulnerables por ter patoloxías que poden agravar a contracción da enfermidade da COVID. Para o resto de persoal solicitamos dúas mascarillas quirúrxicas dado que o horario a realizar é de 7 horas, sendo o tempo de uso máximo recomendado destas máscaras de 4 horas, ademais de ter en conta o posible humedecimento das mesmas co paso do tempo.
- Debemos darlle unha solución aos país e nais
para que poidan quedar cos seus nenos, cando pechan os colexios ou aulas dos mesmos, ou cando os seus fillos son aillados por mor de contacto con
positivos ou por síntomas.
- Debe poñerse en marcha a cita previa en
tódolas localidades e xulgados de Galicia e dar instrucción ao persoal de
seguridade para que filtren o paso de cidadans que teñen cita e non se lle permita a entrada ata que se
lles atenda ou empeze o xuizo, comparencencia, declaración u vista
correspondente
-Onte
día 2 de novembro reiteramos a petición de ampliación
do prazo de goce de vacacións e asuntos particulares do 2020 e por ello
demandamos que debido á pésima evolución da pandemia e aos recentes
confinamentos perimetrais de varias localidades galegas, unido ao peche doutras Comunidades Autónomas e
ao posible confinamento domiciliario, a DXX amplíe o período de goce das
vacacións e asuntos particulares do 2020 ata
o 31 de marzo de 2021.
-Volvemos
solicitar a instalación de termómetros
sin contacto ou cámaras termográficas na entrada dos edificios
xudiciais.
-Respecto
a a avaliación de riscos do SCNE de Ourense, interesamos a elaboración e
remisión urxente dun novo informe como se nos transmitiu.