Onte tivo lugar mediante
videoconferencia a reunión da Comisión
de Formación entre a Subdirectora de Xustiza, o Xefe do servizo de
modernización (área formación), o Secretario da EGAP e os sindicatos de Xustiza
en Galicia.
Resumímosvos os puntos máis
destacados:
-Comezaron informándonos que
a demanda de cursos formativos en 2020
foi similar a anos anteriores. Respecto a 2019, os datos de participación
son os seguintes; do total dos 951 alumnos, 677 foron funcionarios titulares e
274 persoal interino.
-O orzamento en formación para xustiza no ano 2020 foi de 98.000 euros aproximadamente, deixando claro como sempre por parte da DXX que a oferta formativa para 2021 dependerá dos orzamentos.
-Vanse impartir cursos sobre
TELETRABALLO, como así o solicitamos
por parte do STAJ.
-Como novidade importante están a estudar a posibilidade de impartir
formación no posto de traballo mediante a AULA
DE TELEPRESENZA dispoñible na EGAP. Trataríase dun tipo de formación express con
contidos formativos breves e de materias moi concretas, chegando así a
formación a un maior número de funcionarios/as.
-Grazas á reivindicación feita polo STAJ durante varios anos en
relación á formación de persoal interino sen experiencia, e do persoal titular
que vén nos concursos de traslado doutros territorios, tamén en caso de cambio
de orde xurisdicional, comunícannos que se realizará un CURSO FORMADOR/A DE FORMADORES/AS para poder establecer unha bolsa
de formadores que imparta esta formación actualizada aos compañeiros que a
necesiten.
-Tal como solicito STAJ en varias ocasións, conseguimos
que vaian facer cursos para a PREPARACIÓN
DÁ PROMOCIÓN INTERNA. Estruturarase segundo uns módulos e contidos en
función da lexislación aplicable (non serán temarios), cuns cuestionarios tipo
test e prácticos que estarán dispoñibles ata o remate do proceso selectivo. De momento nn contemplan a posibilidade de cursos para a preparación da quenda libre.
-CURSOS
DE LINGUAXE XURÍDICO E LINGUAXE ADMINISTRATIVO GALEGO: O STAJ solicita un ano máis que deben de
ofertarse tanto a funcionarios destinados na comunidade autónoma como aos
funcionarios destinados fóra dela, debendo
ampliarse ou número de edicións, e ou número de prazas nos mesmos. Coméntannos
a posibilidade de poder ampliar o número destes cursos de galego mediante unha
posible colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o
Instituto Nacional de Administración Pública (INAP), de momento todo sen
confirmar.
-A pedimento do STAJ comprométense a manter e
actualizar CURSOS SOBRE AS REFORMAS
PROCESUAIS que se vaian producindo en tódolos ordes xurisdicionais.
-Outras peticións feitas
polo STAJ foron:
-Débense aumentar os cursos que teñan unha ratio
igual ou superior a 1,5 e disminuir os de ratio igual o inferior a 0,5.
-En tódolos cursos que se impartan de xeito telemático se deben aumentar
as edicións e as prazas por edición dos mesmos.
-Que toda formación debe de realizarse de forma que o funcionario/a non
vexan como estas actividades afectan á conciliación
dá vida familiar, debendo realizarse en todo ou seu contido en horario
laboral.
-Un ano máis o STAJ solicita que rematen os desprazamentos dos funcionarios a Santiago para a realización
das probas de avaliación, celebrándo as probas en tódalas cidades que
conten con tres ou mais xulgados, ou de xeito telemático. Así mesmo debense
aboar os custos dos desprazamentos.
-Solicitamos cursos de contido referido ao réxime
disciplinario e ao acoso laboral e cursos e actividades formativas en canto
a bases de datos e sistemas operativos.
-Ampliación da oferta formativa de medicina forense.
-Pedimos de novo que se
deben ofertar CURSOS DE IDIOMAS,
(inglés, francés, portugués, alemán e lingua de signos), pero específicos para Xustiza, dado que o
número de prazas e edicións ofertadas para toda a Administración pública de
Galicia é do todo insuficiente.
Agora debemos esperar a que a EGAP conte co orzamento para 2021 e anuncie os cursos concretos, coa duración en horas dos mesmos, o seu contido, as edicións e o numero de prazas de cada un deles, e as datas de celebración, e despois convocar e abrilo prazo de solicitudes dos mesmos a finais de xaneiro ou ao longo do mes de febreiro.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras