CORPO DE TPA, QUENDA LIBRE
Hoxe iníciase o prazo de presentación de MERITOS da Fase de Concurso HISTORIAL PROFESIONAL.
CURSOS DE CONTIDO XURÍDICO
CURSOS DE CONTIDO INFORMÁTICO
Só se deben PRESENTAR DOCUMENTOS DE FORMACIÓN NESTA DE FASE DE MÉRITOS e das condicións fixadas nesta convocatoria e no Acordo publicado polo TCU.
O Ministerio de Xustiza e as CCAA de OFICIO están a realizar o baremo de antigüidade, titulacións e exames aprobados, de cada opositor aprobado na fase de oposición.
Posteriormente abrirase un prazo para alegacións a estes méritos, por iso, polo momento, non hai que facer alegación algunha a eles, só presentar a formación.
En breve vaise publicar na páxina WEB do Ministerio de Xustiza a aclaración do TCU sobre o baremo de exames aprobados nos procesos selectivos anteriores.
CORPO DE XESTION, QUENDA LIBRE
Ante as datas que baralla o Tribunal Delegado de Cataluña como posible final de corrección (a metade de novembro), STAJ esixiu ao Ministerio que como convocante do proceso selectivo busque solución legal para axilizar a corrección destes exercicios.
Os opositores deste proceso que se examinaron o 23 de febreiro de 2020 non son responsables das incidencias deste tribunal delegado e deben de dar solución ao problema actual de corrección.
AUXILIO XUDICIAL
Están moi avanzadas as reservas de aulas para realizar o exame o 12 de decembro de 2020 data fixada, ainque que condicionado á evolución da pandemia. Dende o Ministerio de Xustiza mantense a intención de realizar nesta data, pero se algún territorio puntualmente ten limitada a mobilidade, actuarase como no exame de Word que en Cataluña, no que habilitaron unha zona restrinxida e realizouse co exame de incidencias.