A partir do 15
de setembro, nunha situación
ordinaria, iniciariamos o cumprimento
habitual do horario de inverno, pero pensamos que, á vista da situación actual da pandemia
orixinada polo Covid-19, das cifras de infectados, do aumento exponencial de
contaxios, ou do inicio do novo curso escolar, o máis coherente é continuar co horario que vimos cumprindo
a día de hoxe, polo que dende STAJ presentamos escrito ante a Dirección Xeral de Xustiza no que SOLICITAMOS que
se prorrogue máis aló do día 15 de setembro o actual horario de SEIS HORAS dado
que a día de hoxe estamos en idénticas circunstancias que motivaron a súa
implantación. Así mesmo, tanto co fin de conciliación como de
medida de prevención ante os contaxios SOLICITAMOS
que o devandito horario póidase realizar entre as 7:30 e as 18:30, sendo unha
hora de parte flexible con posibilidade de compensar por exceso de horario
realizado ou recuperar por defecto, isto supoñería a diminución do tempo de
permanencia de contacto entre compañeiros nas oficinas xudiciais e polo tanto o
tempo de exposición a unha posibilidade de transmisión o contaxio.
viernes, 4 de septiembre de 2020
STAJ solicita a prorroga do horario de SEIS horas así como a posibilidade de compensar por exceso ou defecto as horas realizadas
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras