martes, 25 de agosto de 2020

STAJ presenta queixa formal pola demora no cumprimento dos protocolos nos casos de positivos por COVID-19. Reiteramos a solicitude de realización de PCR a todo o persoal de Xustiza

Despois dos dous casos positivos de COVID-19 nos Xulgados de Pontevedra, en concreto no Penal nº 1 e en Instancia nº 2, ademáis dun caso sospeitoso neste último xulgado, sin confirmar pero con síntomas claros, a DXX e as propias autoridades sanitarias competentes do SERGAS mostran unha falta de iniciativa e resposta axeitada para cumprir co Protocolo de actuación que eles mesmos elaboraron que non podemos permitir, pois logo de toda a mañá de onte sen facer absolutamente nada, polos nosos delegados comprobouse que as 14:30 horas a situación neses xulgados era a seguinte:              
  • Non se tomara ninguna medida de illamento dos traballadores/as que estiveron en contacto cos positivo, os cales seguían traballando nos seus postos sen ningunha medida extraordinaria,
  • Non se cortou o acceso de outros funcionarios, nin profesionais nin cidadáns a esas dependencias,
  • A esa hora so se desinfectara a mesa da persoa positiva, non a totalidade do espazo xudicial, desinfección parcial que se fixo incluso co resto dos traballadores/as dese xulgado dentro das propias instalación.
  • Non se tiña decidido que persoas, das que tiveron contacto directo, nin cando se tiñan que facer as probas PCR, cónstanos que algunha o vai a facer pola súa conta ante a tardanza da decsión da Xunta. 


Ante este desproposito intolerable, que nos consta se repetiu na maioría dos xulgados de Galicia onde aparceron casos positivos , STAJ quere manifestar a máis contundente protesta polo que parece unha deixadez extrema e unha irresponsabilidade dos que deben cuidar da nosa saúde como cidadáns e como empregados públicos, e aos que solo lles importa que o persoal traballe e acuda ao seu posto sexa como sexa. A resposta da DXX e das autoridades sanitarias debe ser inmensamente maís rápida para que sexa eficaz, a única vía para cortar a cadea de transmisión e velar pola saude do noso colectivo pasa por unha actuación moito máis rauda e contundente, non pode dubidar nin demorarse na toma de decisións encamiñadas a protexer a saude.

Dende STAJ fixemos  chegar por escrito esta queixa á DXX e a propia  Conselleria de Sanidade,  o tempo que lle solicitamos que con urxencia se tomen as medidas e se poñan os medios para que os funcioanariós/as de xustiza podamos traballar con seguridade e se cumpran os protocolos no caso de persoas contaxiadas, ao mesmo tempo que reiteramos a solicitude de que se realicen probas PCR a totalidade do pesoal de xustiza, empezando polas persoas que se reincorporan das súas vacacións.

 STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras