lunes, 24 de agosto de 2020

Proposta de STAJ para trasladar varios servizos do edificio xudicial de O Couto ao Pazo de Xustiza


Desde o sindicato xudicial STAJ proponse o traslado ao Pazo de Xustiza dalgúns servizos que están situados no soto do edificio dos xulgados do Couto.


Segundo explicou a COPE Ourense a delegada de STAJ, Concepción López, están emprazados no medio de planta soto, onde non hai ningua posibilidade de abrir ningunha xanela para ter ventilación natural nestas dependencias nas que traballan 12 persoas.


A Xunta de Galicia destinou máis de 380.000 euros a melloras de eficiencia enerxética nese edificio dos xulgados ourensáns.


O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, visitaba onte as obras que se están levando a cabo para mellorar as condicións de traballo dos seus empregados e a calidade de atención aos cidadáns que acoden a estes servizos.


Entre esas melloras destaca a apertura de 87 xanelas, coas que se conseguirá unha ventilación natural das oficinas xudiciais do inmoble pero, como lembra Concepción López, ese aire da rúa non chegará a todas as oficinas. Por iso, desde o sindicato STAJ proponse o cambio de sede para os traballadores afectados.


En concreto estase a valorar o traslado do Servizo Común de Notificacións e Embargos, xa que son 12 persoas nun espazo mínimo, e coa nova regulación de limitar as saídas á rúa , coinciden case toda a mañán todo o persoal.

Staj pediu unha avaliación de riscos desta oficina e, postos en contacto co servizo de prevención de riscos, só está a espera do informe de Cualtis Mugatra.





STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras