Por Acordo do Consello de Ministros de,  7 de xullo de 2020, apróbase o Plan de
Actuación a fin de adoptar medidas urxentes fronte ao  Covid.
Tal como se recólle no
mesmo , ten  como obxecto contribuír a
que os órganos xudiciais poidan afrontar o importante incremento de entrada de
asuntos que se espera que se vai producir como consecuencia directa e indirecta
da pandemia por COVID-19  e  das  medidas adoptadas para enfrontar a crise
sanitaria.A finalidade perseguida é recuperar a normalidade dos órganos
xudiciais mediante a adopción das medidas que garantan a redución da  pendencia dos órganos xudiciais de maneira
que poidan afrontar as consecuencias do impacto da crise sanitaria.
O 31 de xullo celebrouse mesa sectorial coa Dirección  Xeral de 
Xustiza , figurando no punto tres da orde do día  o Plan de actuación de  axilización 
na Administración de  xustiza
(plan de choque).
Terminada a reunión non se modificou nin unha coma,  co cal moito nos cremos dende  STAJ que a súa aplicación e incidencia na
Comunidade Autónoma de Galicia vai ser
nula.
Como xa manifestamos con anterioridade, non existe ningún
impedimento  en tratar de adaptar o
devandito Plan de Actuación á nosa realidade . Proba e exemplo diso , que pena que non copiemos de
quen se esforza, é a Comunidade de 
Andalucia. Amplíase, na devandita Comunidade claro,  aos Xulgados 
penais, seccións penais das Audiencias e Xulgados de Primeira Instancia
, incluídos os de Familia. O devandito Plan desvincúlano do cumprimento de obxectivos
fixado polo Ministerio de Xustiza e aplicarase aínda que Xuíces e  LAJS 
non se acollan .
Só con
esas pequenas modificacións , si se podería lograr o obxectivo de recuperar a
normalidade e conseguir que fose eficaz 
e sobre todo útil e xusto,  porque
despois de visitar tódolos  órganos xudiciais aos que supostamente se podería aplicar , reina o
desánimo.