miércoles, 15 de julio de 2020

Ultima hora: concurso de traslados e procesos selectivos para setembro

O Ministerio de Xustiza acaba de contestar ás preguntas que  STAJ  lle formulou sobre as datas que afectan á publicación do concurso de traslados e dos procesos selectivos. As súas respostas son as seguintes: 

CONCURSO DE TRASLADO

O Ministerio de Xustiza comunícanos que estaría en disposición de publicar  a convocatoria de concurso como avanzou a finais de xullo, pero finalmente decidiron atrasar dita publicación no BOE ata o día 1  ó 2 de setembro polos problemas que podería ocasionar o prazo de petición durante o mes de agosto (con gran número de funcionarios de vacacións) e ter que amplialo ata mediados de setembro.
O Ministerio comunicounos que nos facilitará tanto a Bases da convocatoria como as listaxes definitivas de prazas a finais de xullo

GPA e  TPA promoción interna

Dado que estes procesos duran xa máis dun ano e estando xa practicamente ás portas de ter as listas definitivas dos aspirantes que superaron o proceso selectivo, manifestámoslle ao Ministerio a necesidade de que impulse estes procesos a fin de que poidan ofertárselles destinos e poidan tomar posesión nun prazo razoable tras o verán.

Neste sentido e para  GPA Promoción Interna  manifestamos ao Ministerio a necesidade de que se publique a relación definitiva de méritos durante este mes de xullo e que se inste ao  TCU a fin de que de instrucións aos delegados a fin de que poidan ter resoltas as alegacións antes de final de mes, a fin de poder publicar a listaxe definitiva, co cal, só quedaría pendente para setembro a realización das probas  optativas de lingua e dereito foral como paso previo para a oferta de destinos aos opositores aprobados.

TPA promoción interna

Este proceso esta algo máis adiantado debido a que xa se efectuaron as probas  optativas de lingua e dereito foral polo cal o Ministerio xa podería publicar os aspirantes que figuren na relación definitiva de aprobados, para que no prazo de vinte días hábiles contados a partir da publicación desta no «Boletín Oficial do Estado» e Diarios Oficiais das Comunidades Autónomas onde se convocan prazas, achegasen a documentación requirida na base 8 da convocatoria e a solicitude de destinos. Así lle solicitamos que o publique durante este mes de xullo pero o Ministerio parece querer publicala en setembro por motivos similares aos aducidos no concurso de traslado.

GPA quenda libre

Dado que é improbable que todos os tribunais finalicen a corrección do terceiro exercicio en xullo haberá que esperar seguramente ata mediados de setembro para ter a relación de aprobados do terceiro exercicio e da fase de oposición abríndose o prazo para a presentación de méritos.

TPA Quenda Libre

Este sábado 18 de xullo farase o terceiro exercicio.  Dado que probablemente será necesario facer exame de incidencias, o cal previsiblemente non poderá facerse ata setembro, dificilmente poderá terse a listaxe de aprobados da fase de oposición e abrir o prazo de presentación de méritos ata finais de setembro ou en outubro.

Auxilio Xudicial

O Ministerio de Xustiza segue barallando como datas probables dos exercicios finais de outubro ou a primeira quincena do mes de novembro, pero seguen sendo datas moi inseguras aínda, pois todo depende da evolución da pandemia


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras