martes, 14 de julio de 2020

Problemas na presentación da solicitude de acción social

A DXX acaba de remitirnos a seguinte aclaración en relación á algúns problemas detectados na presentación da solicitude de Acción Social:

“Tras detectar problemas  para a presentación da solicitude de acción social dalgúns funcionarios, infórmase de que se trata dun problema técnico alleo á OPAX que afecta aos certificados de tipo “AC CAMERFIRMA FOR NATURAL PERSONS-2016”.

Os funcionarios afectados por este problema, ademais de facer unha incidencia ao CAU Xustiza, unha vez validada a solicitude, deberán imprimila, asinala manualmente e rexistrala, xunto coa documentación complementaria (se esta non se atopa xa na OPAX), en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.”


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras