jueves, 30 de abril de 2020

Teletraballo: información de interese na intranet

A Dirección Xeral de Xustiza remitiunos un correo electrónico coa seguinte información: 

"No apartado de INFORMACIÓN CORONAVIRUS creouse unha nova xanela onde se inclúe toda a información de interese relativa á modalidade de prestación de servizos mediante teletraballo á que se poden acoller os funcionarios ao servizo da Administración de xustiza en  Galicia".

Está habilitada para os funcionarios da Administración de Xustiza de Galicia a posibilidade de prestar servizos mediante teletraballo, accedendo en remoto ao seu equipo da oficina e a todas as aplicación: Minerva-Nox, Fortuny, Lexnet, Portasinaturas, Visor, Sirax e PNX, entre outras.
Lembra que o teletraballo mantéñese as obrigas de confidencialidade e protección de datos.

REQUISITOS PARA TELETRABALLAR:

-Dispoñer de medios técnicos propios.
-Coñocer e cumplir as normas de prevención de riscos laborais.

COMO SOLICITAR O TELETRABALLO?

O funcionario interesado debe enviar un correo electrónico ao seu superior funcional (Letrado da Administración de Xustiza, Fiscal Xefe ou Subdirectror do Imelga) co seguinte texto:      

Funcionario que solicita o teletraballo:

Nome e apelidos
Correo electrónico (@xustiza.gal):
DNI
Corpo:
Información do seu equipo da oficina (a que consta na etiqueta do equipo):

DECLARO: que coñezo as normas sobre prevención de riscos laborais no teletraballo que se conteñen no Manual de información da Xunta de Galicia publicado na Intranet, ao que teño acceso.

O superior funcional debe autorizar o teletraballo. Para isto abonda con que reenvíe á conta do CAU (soporte.xustiza@xunta.gal) a comunicación que teña recibido por parte do funcionario solicitante, e engadindo a seguinte información na mensaxe:

Responsable funcional que autoriza o teletraballo:


Nome e apelidos:
Corpo:
Órgano xudicial do que son responsable:

CANDO PODO COMEZAR A TELETRABALLAR?


Unha vez tramitada a solicitude de alta no servizo de conexión remota á Rede Corporativa da Xunta de Galicia mediante VPN, recibirás na túa conta de correo corporativa o manual coas instrucións para a súa configuración.

É importante consultar con frecuencia a conta de correo debido a que é o medio polo que se comunicará a activación do acceso mediante VPN. Lembra verificar que non tes a caixa de correo chea (ocupación 100%) para garantir que recibes as comunicacións.

Unha vez que teñas recibida a confirmación xa poderás conectarte á rede corporativa, coa posibilidade de realizar escritorio remoto ao teu equipo de posto de traballo na sede xudicial.

Se precisas asesoramento ou soporte técnico para a configuración da conexión remota VPN podes contactar co CSU de Xustiza a través das canles habituais.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras