Na páxina web do CXPX colgouse a seguinte información relativa á expedición de certificados de fe de vida:
O CGPJ inclúe a expedición de certificados de fe de vida entre os servizos esenciais dos Rexistros Civís
Este documento é necesario en determinados supostos para manter a cobranza de pensións ou acceder ao “bono social”
A Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial acordou onte ampliar o acordo do 13 de marzo de 2020 polo que se estableceron os servizos esenciais da Administración de Xustiza durante a vixencia do estado de alarma declarado como consecuencia da pandemia de coronavirus COVID-19 para incluír a expedición de certificados de fe de vida entre as actuacións que deberán atender os Rexistros Civís.
Deste xeito, o parágrafo que se refire a estes órganos sinala que “o Rexistro Civil prestará atención permanente durante as horas de audiencia. En particular, deberán asegurar a expedición de licenzas de enterramento e certificados de fe de vida, as inscricións de nacemento en prazo perentorio e a celebración de matrimonios do artigo 52 do Código Civil".
Os certificados de fe de vida son necesarios para manter a percepción dunha pensión en determinados supostos e tamén nalgúns casos para acceder ao denominado “bono social”, o desconto na factura eléctrica fixado polo Goberno e destinado aos colectivos de consumidores económica ou socialmente máis vulnerables.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras