O Ministerio de Xustiza convocounos aos sindicatos representativos (STAJ, Csif, Ccoo, Ugt, Ela, Cig), a unha reunión mañan día 30 de abril por videoconferencia, para abordar a desescalada na Administración de Xustiza e a xornada de tarde.
• A partir do 11 de maio, estableceríanse quendas de mañá e tarde e elevaríase a presencialidade ao 33%.
• Transcorridas 2 ó 3 semanas, anunciaríase en BOE a data en que se van a levantar os prazos, o que terá lugar nun momento posterior, e pasaríase a unha segunda fase, na que se manterían os quendas mañá-tarde e a presencialidade do persoal elevaríase ao 66%.
• Cando se levanten prazos, pasariamos a unha terceira fase na que a presencialidade sería do 100%, mantendo as quendas de mañá (con tres cuartas partes do persoal) e tarde (co 25% restante). Non se precisou canto tempo duraría esta fase.
• A cuarta fase vería desaparecer as dúas quendas, cunha volta á situación previa ao 14 de marzo.
Mañán trala reunión confirmarémosvos os detalles desta información que, como dicimos, non é oficial e que nos chega a través dalgunhas CCAA con competencias.
Si esto se confirma na reunión de mañán, o Ministerio atendería as propostas de STAJ para a desescalada en 4 fases, tal como lle pedimos por varias veces.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras