viernes, 13 de marzo de 2020

Urxente: aumento a nivel 3 de alarma por coronavirus en xustiza

A Dirección Xeral de Xustiza acaba de comunicarnos que a nivel nacional se acordou o nivel 3 de alerta por coronavirus xeneralizado a todo o territorio español para a Administración de Xustiza. Este nivel foi acordado nunha comisión entre o Ministerio de Xustiza, o CXPX e a Fiscalía Xeral do Estado. Entre outras medidas, acordáronse uns servizos minimos para todas as oficinas, xulgados e servizos xudiciais

En breve se publicarán as dotacións mínimas de cada un dos órganos. Este acordo é vinculante para as CCAAcon competencias en xustiza. 



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.