Esperamos que a Dirección Xeral de Xustiza publique ao longo da maña na intranet as instruccións específicas para o persoal de Xustiza para saber o procedemento a seguir para todo o colectivo de Xustiza. Dende STAJ consideramos que o cese da actividade xudicial mantendo o servizo mínimo imprescidible é a medida que se debe tomar tanto polo CXPX como por a Secretaría de Goberno do TSJ.
Mentres isto non suceda, e pola vulnerabilidade e polas circunstancias concorrentes nas persoas que a continuación se van relacionar, se non hai instruccións concretas ao longo da mañá e coa intención de amparar legalmente e protexer con urxencia a este persoal, recomendamos, solicitar o permiso por deber inexcusable no OPAX con amparo legal na Sentenza ditada o 26/06/2019 gañada por STAJ e ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Ferrol na que se concede o permiso por deber inexcusable a unha funcionaria con un fillo ao seu cargo:
– Empregados/as públicos/as con fillo/as menores de idade
- Persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia que teña ao seu cargo menores e se vexa afectado, no seu caso, polo peche de centros educativos.
No caso das seguintes persoas, especialmente sensibles e con maiores ao seu cargo, e polas mesmas razóns de protección urxente das mesmas, recomendamos (insistimos, no caso de que a Dirección Xeral non publique as instruccións ao longo da mañá) que soliciten un certificado médico acreditativo da súas circunstancias (no caso de persoal especialmente sensible) ou un certificado que acredite a dependencia dos maiores e soliciten os días necesarios á xefatura territorial para ausentarse do posto de traballo (por fax ou por calquera medio oportuno):
- - Empregados/as públicos/as con patoloxías concorrentes ou enfermidades crónicas.
- Empregadas públicas embarazadas.
- Persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia que teña ao seu cargo maiores dependentes e se vexa afectado, no seu caso, polo peche de maiores.
- - Empregados/as públicos/as con persoas dependentes.